O Gran Premio de España de 1998 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1998 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a quinta carreira da tempada de 1998 da Fórmula Un. A carreira de 65 voltas gañouna o piloto de McLaren Mika Häkkinen despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo David Coulthard rematou en segundo lugar e o piloto da Scuderia Ferrari, Michael Schumacher, foi terceiro.
Mika Häkkinen clasificou na pole, 0,7 segundos por diante do seu compañeiro de equipo en McLaren, David Coulthard, no segundo lugar, co Michael Schumacher de Ferrari 0,8 segundos máis atrás en terceiro lugar. A carreira demostrou ser unha formalidade para Häkkinen, gañando a carreira por diante de Coulthard segundo, e Schumacher terceiro.
O piloto de ArrowsPedro Diniz comezou desde o pit lane debido a que calou o coche na volta de quecemento. Na saída, os McLarens saíron ben, pero Schumacher fixo un mal comezo e caeu ao quinto posto detrás do seu compañeiro de equipo Eddie Irvine e Giancarlo Fisichella no Benetton. Correron nestes postos ata a primeira rolda de paradas en boxes, cando Irvine atrasou a Fisichella o suficiente para que o seu compañeiro de equipo Schumacher emerxese por diante deles e volvera terceiro. Fisichella e Irvine continuaron a loitar ata a volta 28, cando Fisichella intentou unha manobra de paso polo exterior de Irvine, o que provocou unha colisión que os lanzou cara á trampa de grava. Isto deixou ao compañeiro en Benetton de Fisichella, Alexander Wurz, no cuarto posto que ocupou ata o final. Mika Häkkinen foi consistentemente máis rápido que o seu compañeiro de equipo David Coulthard durante a fin de semana da carreira, incapaz de igualar o seu ritmo, aínda que estivesen no mesmo coche. O respectado expiloto e experto Martin Brundle fixo o comentario que Häkkinen era "da súa clase".
Durante a carreira, Michael Schumacher e o Minardi de Esteban Tuero recibiron unha penalización dun stop and go de 10 segundos por exceso de velocidade no pit lane.[1]
O Stewart de Rubens Barrichello acadou dous puntos ao terminar na quinta posición, que foron os primeiros da tempada para o equipo, isto foi posible grazas ao novo motor e chasis que usou o equipo (no entanto o seu compañeiro de equipo Jan Magnussen correu co antigo chasis).[1] O campión do mundo reinante Jacques Villeneuve terminou no sexto lugar, despois de que o Williams tivera o seu peor resultado de clasificación desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1989.
Na última volta, o piloto de Williams Heinz-Harald Frentzen pasou a Jarno Trulli de Prost Grand Prix polo oitavo lugar cando a Trulli mostráronlle incorrectamente a bandeira azul cando os comisarios confundiron o Williams cun Ferrari.[1]
"Estou realmente irritado porque tiven que renunciar a unha gran batalla e non é xusto perder unha posición porque están cegos e non poden distinguir un coche doutro. Por suposto, non importa moito rematar o oitavo ou noveno, pero para un piloto importa. No caso da bandeira azul non tiven outra alternativa ". Jarno Trulli [1]
</ blockquote>
Logo da carreira, Fisichella recibiu unha multa de 7.500 dólares estadounidenses pola colisión con Irvine.[1]
Toranosuke Takagi no seu camiño para clasificarse 21º e último na grella, xa que o seu compañeiro de equipo Ricardo Rosset non conseguiu clasificarse para o Gran Premio, ao no conseguir o 107% do tempo da pole por 0,065 segundos.
Foi a primeira carreira da tempada de 1998 na que un piloto non logrou cualificar debido a que non completou un tempo dentro do 107% do tempo do pole position. O desafortunado piloto foi Ricardo Rosset, que non puido clasificarse por 7 milésimas de segundo.
Esta foi tamén a marxe máis pequena pola que un piloto non conseguiu cualificar debido á regra. Damon Hill perdeu por só 0,003 segundos no Gran Premio de Francia de 1999 pero foi autorizado a competir debido a "circunstancias excepcionais".