Gran Premio de España de 2017
Nome oficial | Formula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 66 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Cataluña (Vallès Oriental) 41°34′12″N 2°15′40″L / 41.57, 2.2611111111111 |
Lonxitude | 4,675 km |
País | España |
Intervalo de tempo | 12 de maio de 2017 – 14 de maio de 2017 |
Data | 14 de maio de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Lewis Hamilton |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio de España de 2017 (oficialmente o Fórmula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 14 de maio de 2017 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 e o vixésimo sétimo en Cataluña.
Pneumáticos dispoñibles
[editar | editar a fonte]Pneumáticos para pista seca | Pneumáticos para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Brandos |
Medios |
Duros |
Intermedios |
Chuvia |
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]- Q1
Sebastian Vettel acabara de cambiar o seu motor, entre o último adestramento libre e a clasificación, e aínda agradecía o rápido traballo cando seu enxeñeiro o mandou volver a boxes. Tras o susto e algunhas mudanzas nos comandos do coche, todo volveu a funcionar e o alemán anotou 1:20.939. A pesar de non ser un tempo de pole, foi suficiente para que o alemán pasara á Q2. Lewis Hamilton, no entanto, saíu a pista inmediatamente e logrou 1:20.511, terminando a Q1 no cume. Destaca o contraste entre os dous pilotos da STR. Mentres Sainz foi noveno, Kvyat terminou a Q1 en último lugar.
Eliminados: Marcus Ericsson (Sauber), Jolyon Palmer (Renault), Stoffel Vandoorne (McLaren), Lance Stroll (Williams) e Daniil Kvyat (Toro Rosso).
- Q2
Bottas e Hamilton abandonaron os boxes cando ondeou a bandeira verde. Ao completar súas voltas rápidas, os pilotos ficaron separados por 0.090. Mais non pasou moito tempo antes de que Sebastian Vettel se metese entre o dúo, diante de Bottas por só 0.005. O que destacou na Q2 foi Fernando Alonso que, diante do seu público conseguiu pasar á Q3 por primeira vez o ano, facendo que os seareiros e o box de McLaren vibrasen de emoción. Grosjean unha vez máis non conseguiu trazar a última chicana e ficou fóra do Q3.
Eliminados: Kevin Magnussen (Haas), Carlos Sainz (Toro Rosso), Nico Hülkenberg (Renault), Romain Grosjean (Haas) e Pascal Wehrlein (Sauber).
- Q3
Mercedes debeu premer o "botón máxico de potencia" para a clasificación, porque na primeira saída para o Q3 Hamilton masacrou a marca da pole, anotada por Mark Webber en 2010, e fixo 1m19s149. Sebatian Vettel aínda conseguiu reaccionar e acadar o segundo lugar a 0s051 de Lewis. Bottas ficou co terceiro posto a 0s124 do compañeiro, con Kimi a 0s290 do mellor tempo.
Carreira
[editar | editar a fonte]Vettel tivo un comezo mellor que Hamilton e liderou na primeira curva. Entón un incidente con Bottas, Räikkönen e Verstappen significou que tanto Räikkönen como Verstappen retiráronse con danos na suspensión e Bottas quedou lixeiramente tocado. O incidente tamén fixo que Felipe Massa picara unha roda, á vez que obrigaba a Alonso a abandonar a pista, levándoos a terminar a carreira fóra dos puntos. Isto deixou os dez primeiros con Vettel, Hamilton, Bottas, Ricciardo, Pérez, Ocon, Hülkenberg, Magnussen, Sainz e Grosjean. Hamilton quedou con Vettel durante 14 voltas, cando Ferrari decidiu cubrirse cun undercut entrando en boses para montar pneumáticos brandos. Hamilton, pola súa banda, mantívose na pista durante 7 voltas máis e reincorporouse uns 7 segundos detrás de Vettel con pneumáticos medios. Vettel perdeu ao redor de 4 segundos con Hamilton tratando de superar a Bottas, que aínda non entrara a boxes, antes de completar un espectacular adiantamento a Bottas.
A falta de algo máis de 30 voltas, o McLaren de Vandoorne tocouse con Massa e retirouse con danos na suspensión, gañándose unha penalización na grella da seguinte carreira. O VSC apareceu para que o seu coche puidese ser retirado da pista e isto permitiu a Hamilton entrar en boxes para montar os pneumáticos brandos máis rápidos, sen perder moito tempo con Vettel debido á velocidade limitada. Entón Vettel foi chamado para entrar en boxes e montar os pneumáticos medios máis lentos, xusto cando terminaba o VSC, dando como resultado que Vettel saía do pitlane xunto a Hamilton. Tocáronse coas rodas e Hamilton viuse forzado a sairse da pista e caeu detrás de Vettel. Logo na volta 38, o Mercedes de Bottas sufriu un fallo de motor (do motor que utilizara para todas as carreiras anteriores) e isto promoviu a Ricciardo ao podio. Mentres tanto, Pascal Wehrlein que fixera unha única parada, usou o VSC ao seu favor e saíu dos boxes oitavo. Logo pasou ao 7º logo da retirada de Bottas. Con todo, recibiu unha penalización de cinco segundos por un erro ao entrar no pit lane.
Hamilton, con pneumáticos máis rápidos, logrou superar a Vettel para o liderado na recta na volta 44 e mantívose á cabeza para gañar a carreira, reducindo a vantaxe de Vettel no campionato a 6 puntos e aumentando a vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores a 8 puntos sobre Ferrari. Ricciardo terminou terceiro no seu primeiro podio da tempada e tomo o quinto lugar no Campionato. Malia as novas melloras, o seu Red Bull estaba 75 segundos por detrás de Hamilton, a maior distancia de toda a tempada, Ricciardo foi o único outro coche agás dos dous líderes en terminar na volta do líder. Os seguintes en cruzar a liña de meta foron os Force India de Pérez e Ocon. Logo, Nico Hülkenberg terminou no sexto posto co Renault, o seu mellor resultado desde o seu regreso ao deporte en 2016. Wehrlein cruzou a liña no 7º lugar, pero foi rebaixado ao oitavo pola súa penalización, aínda que logrando 4 valiosos puntos para o loitador equipo Sauber. O Toro Rosso de Carlos Sainz subiu ao sétimo lugar. Kvyat e Grosjean terminaron 9º e 10º respectivamente despois de que Kevin Magnussen, que corría no noveno lugar, sufrira unha picada lenta debido ao contacto con Kvyat e caeu a 14º lugar. Fernando Alonso terminou no posto 12, a primeira vez que terminou unha carreira na tempada, pero admitiu que lle faltaba o ritmo de carreira para ir a corde coa súa magnífica cualificación.[1]
Resultados
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella Final |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:20.511 | 1:20.210 | 1:19.149 | 1 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:20.939 | 1:20.295 | 1:19.200 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:20.991 | 1:20.300 | 1:19.373 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:20.742 | 1:20.621 | 1:19.439 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:21.430 | 1:20.722 | 1:19.706 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:21.704 | 1:20.855 | 1:20.175 | 6 |
7 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:22.015 | 1:21.251 | 1:21.048 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:21.998 | 1:21.239 | 1:21.070 | 8 |
9 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:22.138 | 1:21.222 | 1:21.232 | 9 |
10 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:21.901 | 1:21.148 | 1:21.272 | 10 |
11 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:21.945 | 1:21.329 | 11 | |
12 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 1:21.941 | 1:21.371 | 12 | |
13 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:22.091 | 1:21.397 | 13 | |
14 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:21.822 | 1:21.517 | 14 | |
15 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 1:22.327 | 1:21.803 | 15 | |
16 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:22.332 | 16 | ||
17 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:22.401 | 17 | ||
18 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:22.411 | 18 | ||
19 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1:22.532 | 20[2] | ||
20 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 1:22.746 | 19 | ||
107% tempo límite: 1:26.660 | |||||||
Fonte:[3] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 66 | 1:35:56.497 | 1 | 25 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 66 | +3.490 | 2 | 18 |
3 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 66 | +1:15.820 | 6 | 15 |
4 | 11 | Sergio Perez | Force India-Mercedes | 65 | +1 volta | 8 | 12 |
5 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 65 | +1 volta | 10 | 10 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 65 | +1 volta | 13 | 8 |
7 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 65 | +1 volta | 12 | 6 |
8 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 65 | +1 volta[4] | 15 | 4 |
9 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 65 | +1 volta | 19 | 2 |
10 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 65 | +1 volta | 14 | 1 |
11 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 64 | +2 voltas | 16 | |
12 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 64 | +2 voltas | 7 | |
13 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 64 | +2 voltas | 9 | |
14 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 64 | +2 voltas | 11 | |
15 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 64 | +2 voltas | 17 | |
16 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 64 | +2 voltas | 18 | |
Ret | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 38 | Unidade de potencia | 3 | |
Ret | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 32 | Colisión | 20 | |
Ret | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1 | Danos por colisión | 5 | |
Ret | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 0 | Danos por colisión | 4 | |
Fonte:[5] |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Race – Hamilton beats Vettel in Spain to close title race". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de dez posicións polo uso de elementos adicionais da unidade de potencia.
- ↑ "Formula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 13 de maio de 2017. Consultado o 13 de maio de 2017.
- ↑ Pascal Wehrlein recibiu unha penalización de 5 segundos por non manterse á dereita dos bolardos de entrada en boxes e baixou da 7ª á 8ª posición.
- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 2017 |
- The race on the official Formula One website Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Carreira anterior: Gran Premio de Rusia de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 2016 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 2018 |