Saltar ao contido

Gran Premio de Mónaco de 2016

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 2016
Imaxe
Nome oficialFormula 1 Grand Prix de Monaco 2016 Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento78 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,337 km Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Data29 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata
Pole positionDaniel Ricciardo Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Mónaco de 2016 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2016) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 29 de maio de 2016 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016. Foi a sesaxésima cuarta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e catro carreira en xeral.

Nico Rosberg é o gañador defensor da carreira logo de gañar os tres últimos Gran Premio de Mónaco seguidos, co obxectivo de converterse no segundo home logo de Ayrton Senna en gañar catro consecutivos, chega a rolda con trinta e nove puntos de vantaxe no campionato de pilotos sobre o piloto de Ferrari Kimi Räikkönen. O equipo de Rosberg, Mercedes, mantén unha vantaxe de corenta e oito puntos de vantaxe sobre Ferrari no campionato de construtores.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Fernando Alonso recibiu un novo motor de combustión, revisado para o seu coche, o seu terceiro de cinco permitido ao longo da tempada sen recibir unha penalización na grella. O fornecedor de motores Honda destacou que non usaran ningunha ficha de desenvolvemento, permítense un conxunto de cambios limitados ás unidades, mellorando soamente a fiabilidade. O equipo tamén equipou ambos coches con novas baterías e unidades de control electrónico, tamén para mellorar a fiabilidade dos coches.[1] Durante a sesión de proba de dous días que tivo lugar despois do anterior Gran Premio no Circuíto de Barcelona-Cataluña, Renault introduciu unha versión actualizada da súa unidade de potencia, que foi utilizado durante a proba, a satisfacción do piloto Kevin Magnussen, quen declarou que a nova unidade foi un paso adiante na potencia e facilidade de condución. Instou ao equipo para apurar a presentación da unidade de potencia na carreira de Mónaco, en lugar do seguinte Gran Premio do Canadá como estaba previsto orixinalmente.[2] Renault decidiu facelo, con todo, só foron capaces de entregar unha unidade actualizada tanto ao seu equipo de fábrica como a a Red Bull, quen o puxo en servizo baixo o nome de TAG Heuer.[3] As dúas unidades foron finalmente entregadas a Magnussen en Renault e a Daniel Ricciardo no Red Bull.[4]

Logo do seu controvertido accidente e dobre abandono na carreira anterior en España dúas semanas antes, prestouse especial atención aos líderes do campionato Mercedes e os seus pilotos Nico Rosberg e Lewis Hamilton. O equipo foi firme en que un incidente deste tipo non se podería repetir, co seu xefe de equipo Toto Wolff dicindo: "Non podemos darnos o luxo de deixar caer a pelota, polo que debemos permanecer unidos, seguir sendo fortes e devolvendo o duro golpe deste fin de semana."[5] Cunha vitoria, Rosberg podería converterse no único piloto agás Ayrton Senna en gañar o Gran Premio de Mónaco catro veces seguidas,[6] mentres que Hamilton sufriu unha serie de malos resultados no circuíto, logo de gañar unha soa vez en 2008.[7] Na carreira do ano anterior, Hamilton perdera o que sentía era unha vitoria segura por unha decisión equivocada dos boxes durante un período de coche de seguridade.[8]

A carreira será o debut en competición do novo composto de pneumáticos ultrabrandos de Pirelli, que se proporcionan xunto cos compostos súper brando e brando. De acordo cos regulamentos da tempada 2016, cada piloto ten que deixar de lado un conxunto cada un dos dous compostos máis brandos para a carreira e un xogo dos ultrabrandos para a Q3 (no caso de que avanzar). Os pilotos teñen a liberdade para elixir o uso dos outros compostos para os restante dez dos trece conxuntos..[9] A partir desta carreira en diante, a FIA permite aos pilotos a elixir un deseño de casco alternativo para unha fin de semana por tempada,[10] unha práctica prohibida polo xeral, xa que teñen que usar o mesmo deseño para que sexan máis recoñecibles para os espectadores e as audiencias de televisión. Como consecuencia diso, Felipe Massa presentou un casco cunha extensa obra de arte do artista de graffiti Os Gêmeos, o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas presenta unha imaxe inspirada nun casino e o pilot de Haas Romain Grosjean loce unha homenaxe ao falecido Jules Bianchi no seu casco.[11]

Práctica Libre

[editar | editar a fonte]

Polo regulamento para a tempada de 2016, realizanse dúas prácticas de noventa minutos e unha sesión de sesenta minutos antes da cualificación do sábado. As dúas primeiras polo xeral lévanse a cabo o venres, pero Mónaco é a única excepción, onde as sesións realizanse o xoves,[12] co fin de minimizar o corte e peche das estradas aos residentes locais.[13] Na primeira sesión o xoves pola mañá, Lewis Hamilton foi o máis rápido cun tempo de 1:15.537, unha décima de segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg. Eles foron seguidos por Sebastian Vettel, a case medio segundo de Hamilton e os dous Red Bull de Daniel Ricciardo e Max Verstappen, respetivamente. Daniil Kvyat, pilotando para Toro Rosso foi sexto o último piloto en entrar dentro dun segundo do tempo de Hamilton[14] foi o único dos pilotos de cabeza en establecer o seu tempo co superbrando en lugar dos pneumáticos máis rápidos Ultrabrandos.[15] Houbo varios incidentes durante a sesión, logo de vinte e catro minutos, Felipe Massa golpeou a barreira na curva un, danando o seu coche e que provocou un período de coche de seguridade virtual (VSC). Máis tarde, Lewis Hamilton bloqueoo os freos no mesmo lugar, pero fi capaz de entrar na zona de escape sen tocar a varanda. Varios outros pilotos tiveron momentos perigosos na primeira curva, pero o incidente máis grave da sesión chegou a tres minutos para o final. Unha cuberta de drenaxe soltouse na primeira curva, rebentando o pneumático traseiro esquerdo de Rosberg e danando o McLaren MP4-31 de Jenson Button, facendo que se sacase a bandeira vermella que puxo fin á sesión.

Na segunda sesión o xoves pola tarde, Ricciardo foi o máis rápido, logrando un tempo de 1:14.607, máis de medio segundo mellor que Hamilton en segundo lugar. Rosberg e Verstappen, quedaron en terceiro e cuarto lugar, foron os únicos outros pilotos en chegar no mesmo segundo que Ricciardo, mentres que os dous pilotos de Williams Valtteri Bottas e Felipe Massa loitaron, quedando 14º e 16º, respetivamente. En Ferrari, Kimi Räikkönen foi o máis rápido no sétimo lugar. O seu compañeiro de equipo, Vettel, tivo unha sesión chea de incidentes que finalmente terminou establecendo o noveno mellor tempo. Trompeou na curva Mirabeau, danando o seu alerón traseiro, só para golpear o muro na primeira curva logo de volver á pista, aínda que continuou con danos na lamia da roda. Produciuse un período de VSC logo de que Romain Grosjean chocara contra a barreira exterior na saída do túnel. Outros dous períodos de VSC producironse cando Rio Haryanto tocou a barreira interior no mesmo lugar e máis tarde despois de que Kevin Magnussen estrelárase na última curva.[16]

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Durante a Q1 houbo 2 bandeiras vermellas unha debido a rotura de motor de Felipe Nasr, que xa non puido marcar ningún tempo e outra por un accidente de Max Verstappen.

Clasificacións

[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. Anderson, Ben (25 de maio de 2016). "Fernando Alonso gets revised Honda F1 engine for Monaco Grand Prix". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  2. Noble, Jonathan (18 de maio de 2016). "Magnussen wants new Renault engine for Monaco". Motorsport.com. Motorsport Network, LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 25 May 2016. 
  3. Noble, Jonathan (20 de maio de 2016). "Renault to debut upgraded engine at Monaco Grand Prix". Motorsport.com. Motorsport Network, LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  4. Galloway, James (25 de maio de 2016). "Daniel Ricciardo to run new Renault engine for Red Bull in Monaco". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 25 May 2016. 
  5. Noble, Jonathan (23 de maio de 2016). "Mercedes needs to 'hit back hard' in Monaco - Wolff". Motorsport Network, LLC. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  6. Johnson, Daniel (25 de maio de 2016). "Monaco GP 2016: Nico Rosberg closes book on Lewis Hamilton row but insists he will 'do what's necessary' to win again". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  7. Morlidge, Matt; Galloway, James; Gill, Pete (27 de maio de 2016). "F1 Monaco GP talking points". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 de maio de 2016. 
  8. "How Lewis Hamilton lost the 2015 Monaco GP". Sky Sports. 24 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  9. "Ultrasoft tyres to debut in Monaco". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 24 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  10. Parkes, Ian; Anderson, Ben (26 de maio de 2016). "Formula 1 drivers now allowed one helmet livery change per season". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  11. Noble, Jonathan (26 de maio de 2016). "FIA relaxes helmet livery rules for Monaco". Motorsport.com. Motorsport Network, LLC. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2016. Consultado o 26 de maio de 2016. 
  12. "Practice and qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 1 de maio de 2016. 
  13. Wilson, James. "Your guide to the Monaco Formula 1 Grand Prix". enterf1.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  14. Parkes, Ian (26 de maio de 2016). "Monaco GP: Hamilton shades Mercedes F1 team-mate Rosberg in FP1". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  15. Collantine, Keith (26 de maio de 2016). "Hamilton heads shortened session as Button strikes drain cover". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  16. Barretto, Lawrence (26 de maio de 2016). "Red Bull's Daniel Ricciardo dominates Monaco Grand Prix practice". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 May 2016. 
  17. Kimi Räikkönen recibiu unha penalización de cinco postos debido a un cambio da caixa de cambios non programado.
  18. 18,0 18,1 Felipe Nasr e Max Verstappen non lograron establecer un tempo de menos do 107% da volta máis rápida durante a Q1. Recibiron o permiso dos comisarios para empezar a carreira.
  19. Red Bull decidiu que Verstappen saíse desde o pit lane
  20. "Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 28 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2016. 
  21. "Race". formula1.com. Formula One World Championship Limited. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2015
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2017