Rio Haryanto
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1993 ![]() Surakarta, Indonesia ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Altura | 1,7 m ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, socialité, piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | Fórmula 1 (2016–2016) GP2 (2012–2015) Auto GP (pt) ![]() GP3 Series (pt) ![]() Fórmula BMW (pt) ![]() Australian Drivers' Championship (en) ![]() Fórmula BMW (pt) ![]() Fórmula Renault (pt) ![]() Asian Formula Renault Challenge (en) ![]() ![]() |
Sitio web | rioharyanto.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Rio Haryanto alcumado "Hary" (nado o 22 de xaneiro de 1993) é un piloto de Fórmula Un indonesio de Manor. Converteuse no primeiro piloto de F1 de Indonesia.
Haryanto gañou a Fórmula BMW Pacific en 2009 e completou 4 tempadas na GP2 gañando tres carreiras en 2015. Haryanto está patrocinado pola marca de aceite Indonesia Pertaminia o que o axudou a conseguir un asento en Manor Racing en 2016.
Carreira
[editar | editar a fonte]Asian series
[editar | editar a fonte]Haryanto comezou a súa andaina nas carreiras de coches no seu continente natal, competindo en tres series asiáticas durante o ano 2008: Asian Formula Renault Challenge, Formula Asia 2.0, e Formula BMW Pacific. Foi o máis competitivo na serie FAsia 2.0, gañando dúas carreiras para terminar terceiro no campionato detrás dos pilotos europeos expatriados Félix Rosenqvist e Matthias Beche. En 2009 volveu a competir en varias series, incluíndo o Australian Drivers' Championship e a Asian Formula Renault Challenge unha vez máis. O seu obxectivo principal deste ano, con todo, foi o campionato Formula BMW Pacific, que dominou con 11 vitorias das 15 carreiras (aínda que cinco destas carreiras foron gañadas por pilotos invitados que non participaban no campionato), pilotando para o equipo de Malaisia Meritus. Isto incluíu unhas carreira perfectas con catro vitorias absolutas, Pole Positions e voltas rápidas nas catro carreiras consecutivas celebradas no circuíto de casa en Sentul. Tamén competiu nunha rolda do equivalente European FBMW series, como piloto invitado nesta ocasión.
GP3 Series
[editar | editar a fonte]Hary achegouse á máis competitiva escena das carreiras de tempo completo Europeo de 2010 ao unirse ao equipo Manor Racing de Fórmula 1 nas GP3 Serie. Os seus tres compañeiros de equipo durante a tempada foron James Jakes, Adrien Tambay e Adrian Quaife-Hobbs. Nunha impresionante primeira tempada neste nivel, gañou unha carreira en Istanbul Park e logrou dous podios para terminar no quinto lugar no campionato de pilotos, liderando aos pilotos de Manor. A súa forma foi "unha das sorpresas da tempada", de acordo coa revista Autosport.[1] Quedou co equipo en 2011, agora chamado Marussia Manor Racing, xunto Quaife-Hobbs e Matias Laine. Malia lograr dúas vitorias en Nürburgring e en Hungaroring, a súa inconsistencia, incluíndo unha racha de sete carreiras sen sumar puntos no inicio do ano, viuno baixar ao sétimo lugar no campionato, detrás de Quaife-Hobbs. Ambas vitorias foron en condicións de choiva, dándolle unha reputación como especialista en pistas molladas.[2][3][4]
Auto GP
[editar | editar a fonte]Ademais das súas carreiras de GP3, Hary tamén pilotou para o equipo DAMS nas Auto GP series, competindo en todas menos unha proba do campionato, xa que coincidía co calendario da GP3. Logrou unha vitoria no Circuíto Ricardo Tormo en Valencia e terminou sétimo na clasificación de pilotos. Os esforzos de Hary, Afanasiev, Tambay, e o substituto de Hary, Kevin Korjus, foron suficientes para que o equipo DAMS gañara o campionato de equipos.
GP2 Series
[editar | editar a fonte]
Haryanto fixo o seu debut na GP2 Series con DAMS nunha carreira fóra de campionato no final de tempada en Yas Marina en 2011. Participou a tempo completo en 2012 con Carlin apoiado polo equipo Marussia, con Max Chilton como compañeiro. É o primeiro indonesio en competir a este nivel do automobilismo desde Ananda Mikola, que competiu na Fórmula 3000 Internacional durante o 2000 e 2001. Na súa primeira tempada da GP2, Hary logrou unha soa volta rápida, unha única pole position en condicións de humidade en Spa, o que confirma a súa reputación como especialista en mollado e un mellor final de carreira en quinto lugar na carreira principal en Valencia, asegurando o 14º posto no campionato ao final da tempada. Correu na GP2 Series de 2013 para o Barwa Addax Team. Xunto ao seu compañeiro de equipo Jake Rosenzweig.[5] O 30 de xuño de 2013, logrou o seu primeiro podio nas GP2 Series en Silverstone e ao mesmo tempo, o primeiro podio para o Barwa Addax Team na GP2 de 2013.[6]
Para as GP2 Series de 2014 trasladouse a EQ8 Caterham Racing, como compañeiro de Alexander Rossi.[7] O 24 de maio de 2014, logrou o seu segundo podio nas GP2 Series en Mónaco e, ao mesmo tempo, o primeiro podio da tempada 2014 das GP2 Series. Haryanto cambiou a Campos para a tempada 2015 da GP2 Series[8] Logo de tomar o segundo lugar na carreira principal en Bahrain, Hary logrou a súa primeira vitoria na GP2 na carreira ao sprint do día seguinte[9] logrou a súa segunda vitoria na carreira de velocidade no Red Bull Ring malia ter un alerón dianteiro danado.[10] Haryanto terminou a tempada 2015 de GP2 Series no cuarto lugar con 138 puntos.[11]
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Haryanto relacionouse co equipo Virgin Racing / Marussia F1 / Manor Racing desde a súa primeira tempada na GP3 con Manor en 2010, xa que pilotou para os equipos xuvenís co seu apoio desde entón. No outono dese ano, gañou o dereito a probar con Virgin ao final da tempada 2010 de Fórmula Un, debido á súa posición final como o piloto Manor de máis alto rango na clasificación final da GP3[12] probou para Virgin en Abu Zabi o 16 de novembro. Sufriu problemas co cambio, rexistrou o tempo máis lento dos trece corredores na sesión da mañá.[13][14] Non recibiu o premio do test en 2011 debido a que o seu compañeiro de equipo Adrian Quaife-Hobbs gañoulle na táboa de posicións nesta ocasión.
Haryanto foi en 2012 o compañeiro de Max Chilton nas GP2 Series pilotando para Marussia nas primeiras probas de novos pilotos da tempada 2012 de Fórmula 1, que tivo lugar durante a tempada en Silverstone.[15] Correron durante dous días, Haryanto completou trescentos quilómetros de probas, cumprindo unha das condicións para ter dereito a unha super licenza e converténdose no primeiro piloto de Indonesia cualificado para competir na Fórmula 1.[16]
Manor Racing (2016-presente)
[editar | editar a fonte]O 18 de febreiro de 2016 Haryanto foi confirmado como piloto de Manor Racing F1 Team para a tempada 2016.[Cómpre referencia] Fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2016 o venres, 18 de marzo de 2016.[17] Terminou a primeira e segunda sesión de adestramentos libres no 19º e o 14º lugar, respectivamente.[18][19] Hary terminou a terceira práctica libre na 22ª posición.[20] Estivo implicado nun incidente que se produciu apenas uns segundos despois do comezo da terceira sesión de adestramentos, cando Hary e Romain Grosjean colisionaron no pit lane.[21] Hary recibiu posteriormente unha penalización de tres posicións polo incidente, así como dous puntos de penalización na súa licenza.[22] Hary retirouse da súa carreira de debut debido a un problema na articulación de accionamento na volta 18.[23]
O 10 de agosto de 2016, Manor confirmou que degradaran a Hary a piloto reserva, e anunciaron a Esteban Ocon como o seu substituto.[24]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resumo da súa carreira
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañados | Poles | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Asian Formula Renault Challenge | Asia Racing Team | 10 | 2 | 1 | 2 | 3 | 160 | 6º |
Formula Asia 2.0 | 13 | 1 | 1 | 2 | 7 | 121 | 3º | ||
Formula BMW Pacific | Pacific Racing | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0† | NC† | |
2009 | Australian Drivers' Championship – National A | PHR Scuderia | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 29 | 11º |
Australian Drivers' Championship – Gold Star | Astuti Motorsport | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 8th | |
Asian Formula Renault Challenge | Asia Racing Team | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 48 | 11º | |
Formula BMW Europe | Scuderia Coloni | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0† | NC† | |
Formula BMW Pacific | Questnet Team Qi-Meritus | 15 | 11 | 7 | 9 | 12 | 250 | 1º | |
2010 | GP3 Series | Manor Racing | 16 | 1 | 0 | 0 | 3 | 27 | 5º |
Fórmula 1 | Marussia Virgin Racing | Piloto de probas | |||||||
2011 | GP3 Series | Marussia Manor Racing | 16 | 2 | 0 | 1 | 4 | 31 | 7º |
Auto GP | DAMS | 14 | 1 | 1 | 2 | 3 | 82 | 7º | |
GP2 Final | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 17º | ||
2012 | GP2 Series | Carlin | 24 | 0 | 1 | 1 | 0 | 38 | 14º |
2013 | GP2 Series | Barwa Addax Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 22 | 19º |
2014 | GP2 Series | EQ8 Caterham Racing | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 28 | 15º |
2015 | GP2 Series | Campos Racing | 22 | 3 | 0 | 1 | 5 | 138 | 4º |
2016 | Fórmula 1 | Manor Racing | 12 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24º |
* Tempada en curso.
† como Haryanto era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos nas GP3 Series
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Manor Racing | ESP FEA 20 |
ESP SPR 25 |
TUR FEA 8 |
TUR SPR 1 |
VAL FEA 6 |
VAL SPR 4 |
GBR FEA 2 |
GBR SPR Ret |
GER FEA Ret |
GER SPR Ret |
HUN FEA 20 |
HUN SPR 11 |
BEL FEA 18 |
BEL SPR 18 |
ITA FEA 3 |
ITA SPR 23 |
5º | 27 |
2011 | Marussia Manor Racing | TUR FEA 26 |
TUR SPR 10 |
ESP FEA 20 |
ESP SPR 11 |
VAL FEA 19 |
VAL SPR 22† |
GBR FEA 10 |
GBR SPR 4 |
GER FEA 1 |
GER SPR 10 |
HUN FEA 9 |
HUN SPR 1 |
BEL FEA 12 |
BEL SPR 9 |
ITA FEA 3 |
ITA SPR 2 |
7º | 31 |
Resultados completos de Auto GP
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en negra indican pole position) (carreiras en italica indican volta rápida)
Anor | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | DAMS | MNZ 1 Ret |
MNZ 2 11 |
HUN 1 10 |
HUN 2 5 |
BRN 1 6 |
BRN 2 2 |
DON 1 11 |
DON 2 11 |
OSC 1 |
OSC 2 |
VAL 1 5 |
VAL 2 1 |
MUG 1 5 |
MUG 2 2 |
7º | 82 |
Resultados completos na GP2 Series
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Manor | Manor MRT05 | Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t | AUS Ret |
BHR 17 |
CHN 21 |
RUS Ret |
ESP 17 |
MON 15 |
CAN 19 |
MAL 18 |
AUT 16 |
RU Ret |
HUN 21 |
ALE 20 |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
24º | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Glendenning, Mark (30 setembro 2010). "The top 10 GP3 drivers of 2010". autosport.com (Haymarket Publications). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2016. Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (23 xullo 2011). "Rio Haryanto wins rain-hit GP3 thriller at the Nurburgring". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (31 xullo 2011). "Rio Haryanto takes last-gasp GP3 win at wet Hungaroring". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (15 decembro 2011). "The 2011 GP3 Series review". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ "Rio Haryanto joins Barwa Addax for 2013 season". GP2 Series (GP2 Motorsport Limited). 18 December 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
- ↑ "LANCASTER SECOND HOME VICTOR IN SILVERSTONE". gp2series.com. Consultado o 30 de xuño de 2013.
- ↑ Beer, Matt (21 xaneiro 2014). "Rio Haryanto joins Alexander Rossi at Caterham for 2014 GP2 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 21 xaneiro 2014.
- ↑ "Rio Haryanto completes 2015 Campos GP2 line-up". Consultado o 10 febreiro 2015.
- ↑ "Bahrain GP2: Rio Haryanto claims maiden victory for Campos". Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "GP2: Implacable Haryanto denies Vandoorne his Austria sweep". Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ "GP2 RACE CANCELLED AFTER CRASH ON OPENING LAP". Consultado o 4 de decembro de 2015.
- ↑ "Virgin test for Indonesian GP3 driver.". Arquivado dende o orixinal o 01/02/2014. Consultado o 18/02/2016.
- ↑ "Ricciardo leads first rookie session". Autosport. 16 de novembro de 2010.
- ↑ "Rio Haryanto and Jerome D'Ambrosio drives in Abu Dhabi". virginracing.com. 16 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ Noble, Jonathan (10 de xullo de 2012). "Marussia confirms Max Chilton and Rio Haryanto for young driver test at Silverstone". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10 de xullo de 2012.
- ↑ Mallett, Tom (13 xullo 2012). "Bottas keeps Williams on top as young driver test switches to Silverstone International circuit". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 13 xullo 2012.
Haryanto had been aiming to complete 300km over the two-day test in order to get his Formula 1 super licence and the team confirmed that he had achieved the required number of laps.
- ↑ "Rio Haryanto Living the Dream as Indonesia's First Formula One Driver". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "FP1: Hamilton Tercepat, Rio Haryanto ke-19" (en Indonesian). Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "FP2: Hamilton Masih Tercepat, Rio Haryanto ke-14" (en Indonesian). Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "Australian GP P3: Lewis Hamilton edges out Rosberg and Vettel". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Galloway, James (19 de marzo de 2016). "Australian GP P3: Lewis Hamilton edges out Rosberg and Vettel". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Collantine, Keith (19 de marzo de 2016). "Haryanto given grid penalty for first race". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ "Rio Haryanto tersingkir dari balapan di Melbourne" (en Indonesian). Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ "Manor F1 team replaces Rio Haryanto with Esteban Ocon". Autosport. Consultado o 10 August 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rio Haryanto ![]() |