Gran Premio de Mónaco de 2024
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | competición de Fórmula 1 |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Intervalo de tempo | 24 de maio de 2024 – 26 de maio de 2024 |
O Gran Premio de Mónaco de 2024 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 26 de maio de 2024 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O evento celebrouse durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio no Circuíto de Mónaco no Principado de Mónaco por 70ª vez na historia do circuíto.[1] O Gran Premio foi a oitava proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 81ª edición do Gran Premio de Mónaco.[2]
Clasificación do campionato antes da carreira
[editar | editar a fonte]De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 161 puntos, 48 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 54 por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 267 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 212 e 154 puntos, respectivamente.[3]
Pneus dispoñibles
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[4]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) | Medios (Tipo C4) | Brandos (Tipo C5) | Intermedios |
Chuvia |
Práctica
[editar | editar a fonte]Celbráronse tres sesións de adestramentos libres para o evento.[5] A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de maio de 2024, ás 13:30 hora local. (UTC+2),[5] e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Oscar Piastri de McLaren e o compañeiro de equipo de Hamilton, George Russell. Sacouse unha breve bandeira vermella despois de que Guanyu Zhou de Sauber esparexese restos pola curva 1 logo de bater co muro.[6] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local,[5] e encabezouna Charles Leclerc da Ferrari por diante de Hamilton de Mercedes e Fernando Alonso do Aston Martin.[7] Celebrouse a terceira sesión de adestramentos libres o 25 de maio de 2024, ás 12:30 hora local, liderouna Leclerc por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e Hamilton.[5]
Cualificación
[editar | editar a fonte]A cualificación celebrouse o 25 de maio de 2024, ás 16:00 hora local (UTC+2).[5]
Clasificación da cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:11.584 | 1:10.825 | 1:10.270 | 1 |
2 | 81 | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes | 1:11.500 | 1:10.756 | 1:10.424 | 2 |
3 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:11.543 | 1:11.075 | 1:10.518 | 3 |
4 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:11.760 | 1:10.732 | 1:10.542 | 4 |
5 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:11.492 | 1:10.929 | 1:10.543 | 5 |
6 | 1 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:11.711 | 1:10.745 | 1:10.567 | 6 |
7 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:11.528 | 1:11.056 | 1:10.621 | 7 |
8 | 22 | Yuki Tsunoda | RB-Honda RBPT | 1:11.852 | 1:11.106 | 1:10.858 | 8 |
9 | 23 | Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:11.623 | 1:11.216 | 1:10.948 | 9 |
10 | 10 | Pierre Gasly | Alpine-Renault | 1:11.714 | 1:10.896 | 1:11.311 | 10 |
11 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:11.887 | 1:11.285 | 11 | |
12 | 3 | Daniel Ricciardo | RB-Honda RBPT | 1:11.785 | 1:11.482 | 12 | |
13 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:11.728 | 1:11.563 | 13 | |
14 | 14 | Fernando Alonso | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:12.019 | 14 | ||
15 | 2 | Logan Sargeant | Williams-Mercedes | 1:12.020 | 15 | ||
16 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:12.060 | 16 | ||
17 | 77 | Valtteri Bottas | Kick Sauber-Ferrari | 1:12.512 | 17 | ||
18 | 24 | Guanyu Zhou | Kick Sauber-Ferrari | 1:13.028 | 18 | ||
DSC | 27 | Nico Hülkenberg | Haas-Ferrari | 1:11.876 | 1:11.440 | 19[8] | |
DSC | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:11.832 | 1:11.725 | 20[9] | |
107% tempo: 1:16.594 | |||||||
Fonte:[10][11] |
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira celebrouse o 26 de maio de 2024, ás 15:00 hora local (UTC+2), e disputouso sobre 78 voltas.[5]
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Na primeira curva, Carlos Sainz tivo unha picada nunha roda e perdeu moitas posicións. O piloto español de Ferrari sufriu unha colisión cun dos McLaren e tivo que afastarse. Por detrás, no segundo sector, Sergio Pérez sufriu un grave accidente tras tocar co muro e levarse por diante a os dous Haas de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen, que saían desde o pit lane, os tres tivéronse que retirar. O choque provocou importantes danos nas barreiras e unha gran cantidade de restos espallados polas primeiras curvas poloque a carreira víu unha bandeira vermella, ademais, cando os Alpine saían de Portier, Esteban Ocon pechouse no camiño de Pierre Gasly, lanzando o coche do primeiro cara arriba. Ocon, que admitiu a responsabilidade do incidente, retirouse durante o período de bandeira vermella. A carreira reiniciouse as 15:45. A dirección de carreira considerou que as posicións para a saída serian as mesmas que na saída. Aínda que os coches pasaran polo primeiro sector, esa primeira volta accidentada considerarase "nula", en canto a posicións.
Leclerc mantivo o liderado tras o reinicio para gañar unha carreira en procesión por diante de Piastri, Sainz e Norris, a súa primeira vitoria dende o Gran Premio de Austria de 2022. Leclerc converteuse no primeiro piloto monegasco desde Louis Chiron en 1931 en gañar o seu Gran Premio de casa, e o primeiro en gañalo desde o comezo da Fórmula 1 en 1950.
Clasificación da carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mónaco". StatsF1.com. Consultado o 20 de maio de 2024.
- ↑ "Monaco". StatsF1.com. Consultado o 20 de maio de 2024.
- ↑ "Emilia-Romagna 2024 – Championship". Stats F1. 19 de maio de 2024. Consultado o 19 de maio de 2024.
- ↑ "Same ”soft” trio for Imola, Monaco and Montreal". pirelli.com. 23 de abril de 2024. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "2024 Monaco Grand Prix". Formula 1. Consultado o 20 de maio de 2024.
- ↑ "FP1: Hamilton leads Piastri and Russell during interrupted opening practice in Monaco". Formula 1. 24 de maio de 2024. Consultado o 24 de maio de 2024.
- ↑ "FP2: Home hero Leclerc sets the pace during busy second practice in Monaco from Hamilton and Alonso". Formula 1. 24 de maio de 2024. Consultado o 24 de maio de 2024.
- ↑ Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen clasificáronse inicialmente nos postos 12 e 15, respectivamente, pero posteriormente foron descualificados porque se comprobou que o seu DRS non cumpría coas normas técnicas. Permítelles correr a criterio dos comisarios.
- ↑ Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen clasificáronse inicialmente nos postos 12 e 15, respectivamente, pero posteriormente foron descualificados porque se comprobou que o seu DRS non cumpría coas normas técnicas. Permítelles correr a criterio dos comisarios.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Qualifying". Formula 1. 25 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Starting Grid". Formula 1. 25 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Race Result". Formula 1. 26 de maio de 2024. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 26 de maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024.
- ↑ "Monaco 2024 – Result". Statsf1.com. Consultado o 26 de maio de 2024.
- ↑ 16,0 16,1 "Monaco 2024 – Championship". Stats F1. 26 de maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 2024 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2024 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2023 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2025 |