Gran Premio de Motociclismo do Xapón
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | Motociclismo de velocidade |
Localización e Datas | |
País | Xapón |
Vixencia | 1963 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
O Gran Premio de Motociclismo do Xapón é unha carreira de motociclismo de velocidade celebrada no Xapón entre os anos 1962 e 1967, e desde 1987 ata hoxe. A competición foi puntuou no Campionato do Mundo de Motociclismo en case todas as edicións agás en 1962 (ningunha categoría), 1963 (todas menos 350cc) e 1964 (todas menos 50cc).
As primeiras catro edicións corréronse no circuíto de Suzuka, e as dúas seguintes en Fuji Speedway. Nos últimos anos, o Gran Premio do Xapón correuse en Twin Ring Motegi en 1999 e desde 2004 ata o presente, e en Suzuka os restantes anos.
O piloto con máis triunfos é Jim Redman, con seis. En segundo lugar empatan Daijirō Katō, Kevin Schwantz e Valentino Rossi, con catro vitorias cada un. En 2009, os pilotos con tres vitorias son Luca Cadalora, Loris Capirossi, Mike Hailwood e Mika Kallio.
Gañadores
[editar | editar a fonte]- Nota: as carreiras que non puntuaron no Campionato do Mundo de Motociclismo teñen fondo rosa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Motociclismo do Xapón |