O Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos é unha carreira de motociclismo de velocidade que se disputou en dous autódromos dos Estados Unidos: Daytona International Speedway durante a década de 1960 e en Laguna Seca desde a década de 1980. Agás a edición inaugural de 1963, o resto das edicións formaron parte do Campionato do Mundo de Motociclismo. É a partir da década de 2000 cando no circuíto de Laguna Seca só recibe carreiras de motocicletas con motores de catro tempos, a categoría de MotoGP desde 2005 e Moto2 posiblemente a partir de 2011.
O piloto estadounidense Wayne Rainey é o único que gañou o Gran Premio dos Estados Unidos tres veces na categoría principal. Das catorce carreiras disputadas ata 2010, só en oito delas venceron pilotos estadounidenses.