Saltar ao contido

Nicky Hayden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicky Hayden

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nicholas Patrick Hayden Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata
Owensboro, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 2017 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Cesena, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de bicicleta
atropelo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesThe Kentucky Kid Editar o valor en Wikidata
EducaciónOwensboro Catholic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMotoGP
Superbike (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo69 Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRoger Lee Hayden
Tommy Hayden Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webnickyhayden.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: NickyHaydenUSA Twitter: NickyHayden Instagram: nicky_hayden WikiTree: Hayden-2537 Find a Grave: 179592020 Editar o valor en Wikidata

Nicholas Patrick Hayden, coñecido como Nicky Hayden, alcumado O Neno de Kentucky, nado o 30 de xullo de 1981 en Owensboro, Kentucky, e finado o 22 de maio de 2017 na localidade italiana de Cesena, foi un piloto norteamericano que participou no campionato do mundo de superbikes (SBK) e anteriormente no de MotoGP, onde foi o campión en 2006. Levaba sembre o dorsal número 69.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos nos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia apaixonada polas motos, Nicky Hayden percorreu durante toda a súa infancia os Estados Unidos na autocaravana familiar, alternando a escola durante a semana coas carreiras nas fins de semana.

A carreira deportiva de Hayden comezou aos seus catro anos, en carreiras de velocidade sobre superficie de terra coñecidas como flat-track, e xa con once anos disputou a súa primeira carreira sobre pista, montado nunha unha minimoto

En 1998, Nicky Hayden fixo o seu debut sobre circuíto no Campionato Norteamericano cunha Honda. Con este construtor continuou a súa aprendizaxe ata dar o paso, a partir de 2000, ao Campionato Norteamericano de Superbikes, no que acadou na duodécema posición e, no ano seguinte, a terceira. En total, logrou a vitoria en 17 de carreiras e fíxose co título na edición de 2002.[2]

En 2003, Nicky Hayden logrou a súa pasaxe para a MotoGP, onde comezou como compañeiro de equipo de Valentino Rossi, no equipo oficial Honda. A partir da súa primeira tempada completa, terminou o quinto no campionato, e subiu por primeira vez ao podio no Gran Premio do Pacífico, grazas a un terceiro posto, seguido por un novo terceiro posto en Australia.

Malia ser unha relación con altibaixos, Nicky Hayden botou moito tempo con Honda, con quen acadou a súa primeira vitoria en MotoGP en 2005, tempada na que acabou o campionato no terceiro lugar.

Nicky Hayden comezou perfectamente a tempada 2006. Tres podios nas tres primeiras carreiras e dúas vitorias (Laguna Seca e Assen) levárono a encabezar o campionato. No penúltimo gran premio da tempada, en Estoril, foi alcanzado polo seu compañeiro de equipo Dani Pedrosa, o que na práctica o privou das súas posibilidades de ser coroado campión do mundo. Malia isto, Hayden acabou terceiro en Valencia, mentres o seu adversario, Valentino Rossi, caeu: o norteamericano puxo fin, así, ao reinado de Rossi, que resultou batido por primeira vez en MotoGP.

A situación cambiou en 2007, cando se modificou a cilindrada de MotoGP. Nicky Hayden disputou novamente o título na nova Honda RC212V de 800 cm3, como piloto oficial da marca xunto con Pedrosa. Esta nova máquina presentou moitos problemas (un cadro demasiado flexible e unha escasa velocidade punta), e a súa falta de rendemento, xunto cos problemas cos pneumáticos Michelin, levaron a Hayden a acabar oitavo esa tempada e sexto en 2008.

O 15 de setembro de 2008[3], anunciouse que o piloto norteamericano deixaba o equipo Honda para ingresar en Ducati a partir da tempada 2009, onde tería como compañeiro de equipo o campión do mundo de MotoGP de 2007 Casey Stoner durante dous anos. Na súa estrea coa marca quedou no posto décimo terceiro e subiu unha vez ao podio, e en 2010 acadou o sétimo posto, tamén cun único podio.

Malia as dificultades deses últimos anos, asinou un novo contrato[4], que mantivo a unión de Nicky Hayden con Ducati durante as tempadas 2011 e 2012, esta vez retomando como compañeiro a Valentino Rossi. Finalmente, esas dúas novas tempadas resultaron difíciles para ambos os pilotos. Hayden acabou oitavo en 2011 e noveno en 2012.

Ante a falta de competitividade de Ducati, Valentino Rossi asinou un contrato de dous anos (2013-2014) para volver co fabricante xaponés Yamaha, o que lle deixou o posto de piloto principal a Nicky Hayden, ao lado do seu novo compañeiro, Andrea Dovizioso.[5]

En 2016, participou no Campionato do Mundo de Superbikes no equipo Ten Kate. Tras a lesión de Jack Miller, retornou á MotoGP só para unha carreira, en Aragón, o 25 de setembro.[6]

Accidente e morte

[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 2017 foi vítima dun grave accidente de bicicleta, no nordeste de Italia, cando o condutor dun coche bateu contra el mentres adestraba na estrada entre Tavoleto e Riccione, no sur de Rimini, no que resultou gravemente ferido[7]. Faleceu o 22 de maio como resultado das lesións[8].

Nicky Hayden no Gran Premio de Francia 2009 en Le Mans.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • 17 vitorias e outros 13 podios no Campionato Norteamericano de Superbikes.
  • Campión do Campionato Norteamericano de Superbikes 2002.
  • 13 tempadas en MotoGP.
  • 199 grandes premios en MotoGP.
  • 3 vitorias en MotoGP.
  • 28 podios.
  • 5 pole positions.
  • 7 voltas rápidas.
  •  1.681 puntos conseguidos.
  • Campión do mundo de MotoGP en 2006.

Estatísticas da súa carreira

[editar | editar a fonte]

Por tempadas

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Moto Carreiras Vitoiras Podios Poles Voltas rápidas
Puntos Posición Campionato
2003 MotoGP   Honda RC211V 16 0 2 0 0 130 -
2004 MotoGP   Honda RC211V 15 0 2 0 0 117 -
2005 MotoGP   Honda RC211V 17 1 6 3 2 206 -
2006 MotoGP   Honda RC211V 17 2 10 1 2 252 1
2007 MotoGP   Honda RC212V 18 0 3 1 1 127 -
2008 MotoGP   Honda RC212V 17 0 2 0 1 155 -
2009 MotoGP   Ducati GP9 17 0 1 0 0 104 13º -
2010 MotoGP   Ducati GP10 18 0 1 0 0 163 -
2011 MotoGP   Ducati GP11 17 0 1 0 1 132 -
2012 MotoGP   Ducati GP12 16 0 0 0 0 122 -
2013 MotoGP   Ducati GP13 18 0 0 0 0 126 -
2014 MotoGP   Honda RCV1000R 13 0 0 0 0 47 16º -
2015 MotoGP   Honda RC213V-RS 18 0 0 0 0 16 20º -
Total 216 3 28 5 7 1697 1

Por categoría

[editar | editar a fonte]
Categoría Ano GP 1º podio 1ª vitoria Carreiras Vitorias Podios Poles Voltas rápidas Puntos Títulos
MotoGP 2003-   XAP 2003   PAC 2003 EUA 2005 216 3 28 5 7 1.697 1
Total 2003- 216 3 28 5 7 1697 1

Carreiras por ano

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Moto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts
2003 MotoGP Honda XPN

7

RSA

7

ESP

Ret

FRA

12

ITA

12

CAT

9

PBA

11

GBR

8

ALE

5

CHE

6

POR

9

BRA

5

PAC

3

MAL

4

AUS

3

VAL

Ret

130
2004 MotoGP Honda RSA

5

ESP

5

FRA

11

ITA

Ret

CAT

Ret

PBA

5

BRA

3

GER

3

GBR

4

CHE

Ret

POR

Lesión

XPN

Ret

QAT

5

MAL

4

AUS

6

VAL

Ret

117
2005 MotoGP Honda ESP

Ret

POR

7

CHN

9

FRA

6

ITA

6

CAT

5

PBA

4

EUA

1

GBR

Ret

ALE

3

CHE

5

XPN

7

MAL

4

QAT

3

AUS

2

TUR

3

VAL

2

206
2006 MotoGP Honda ESP

3

QAT

2

TUR

3

CHN

2

FRA

5

ITA

3

CAT

2

  PBA

1

GBR

7

ALE

3

EUA

1

CHE

9

MAL

4

AUS

5

XPN

5

POR

Ret

VAL

3

252
2007 MotoGP Honda QAT

8

ESP

7

TUR

7

CHN

12

FRA

Ret

ITA

10

CAT

11

GBR

17

PBA

3

ALE

3

EUA

Ret

CHE

3

RSM

13

POR

4

XPN

9

AUS

Ret

MAL

9

VAL

8

127
2008 MotoGP Honda QAT

10

ESP

4

POR

Ret

CHN

6

FRA

8

ITA

13

CAT

8

GBR

7

PBA

4

ALE

13

EUA

5

CHE

Lesión

RSM

DNS

IND

2

XPN

5

AUS

3

MAL

4

VAL

5

155
2009 MotoGP Ducati QAT

12

XPN

Ret

ESP

15

FRA

12

ITA

12

CAT

10

PBA

8

USA

5

ALE

8

GBR

15

CHE

6

IND

3

SMR

Ret

POR

8

AUS

15

MAL

5

VAL

5

13º 104
2010 MotoGP Ducati QAT

4

ESP

4

FRA

4

ITA

Ret

GBR

4

PBA

7

CAT

8

ALE

7

EUA

5

CHE

6

IND

6

SMR

Ret

ARA

3

XPN

12

MAL

6

AUS

4

POR

5

VAL

Ret

163
2011 MotoGP Ducati QAT

9

ESP

3

POR

9

FRA

7

CAT

8

GBR

4

PBA

5

ITA

10

ALE

8

EUA

7

CHE

7

IND

14

SMR

Ret

ARA

7

XPN

7

AUS

7

MAL

C

VAL

Ret

132
2012 MotoGP Ducati QAT

6

ESP

8

POR

11

FRA

6

CAT

9

GBR

7

PBA

6

ALE

10

ITA

7

EUA

6

SMR

7

ARA

Ret

XPN

8

MAL

4

AUS

8

VAL

Ret

122
2013 MotoGP Ducati QAT

8

AME

9

ESP

7

FRA

5

ITA

6

CAT

Ab

PBA

11

ALE

9

EUA

8

IND

9

CHE

8

GBR

8

RSM

9

ARA

9

MAL

Ab

AUS

7

XPN

9

VAL

8

126
2014 MotoGP Honda QAT

8

AME

11

ARX

11

ESP

11

FRA

Ab

ITA

DNS

CAT

12

PBA

17

ALE

14

IND

-

CHE

-

GBR

-

RSM

-

ARA

9

XAP

14

AUS

10

MAL

Ab

VAL

13

16º 47
2015 MotoGP Honda QAT

17

AME

13

ARX

16

ESP

17

FRA

11

ITA

Ab.

CAT

Ab.

PBA

16

ALE

16

IND

16

CHE

17

GBR

12

RSM

17

ARA

15

XAP

13

AUS

Ab.

MAL

16

VAL

17

20º 16

Vitorias en MotoGP

[editar | editar a fonte]
Ano Lugar do gran remio Circuíto Cidade
2005 Estados Unidos Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos Laguna Seca Monterey
2006 Países Baixos Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos TT Circuíto Assen Assen
Estados Unidos  Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos Laguna Seca Monterey
  1. González, Elvira. "Nicky Hayden, el último rey americano". En El Mundo Deportivo. 22 de maio de 2017. (En castelán)
  2. "Nicky Haydn Arquivado 25 de maio de 2017 en Wayback Machine." en www.motocycle-usa.com. (En inglés)
  3. "Hayden rejoint Ducati pour la saison 2009 Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.". En Motogp.com (En francés)
  4. "Ducati: Hayden prolonge deux ans Arquivado 14 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En www.sport365.fr. 10 de xullo de 2011. (En francés)
  5. "Moto GP - Ducati: Pourquoi Andrea Dovizioso va tenter le coup Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En www.moto.caradisiac.com. (En francés)
  6. "MotoGP - Aragon 2016 : Nicky Hayden remplace Jack Miller". En www.automoto.fr. (En francés)
  7. "O piloto de MotoGP Nicky Hayden ferido grave despois de ser atropelado por un vehículo cando ía en bicicleta". Nova na Televisión de Galicia. 18 de maio de 2017.
  8. "Morreu o piloto Nicky Hayden, cinco días despois de ser atropelado coa súa bicicleta por un turismo". Nova na Televisión de Galicia. 23 de maio de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]