Gran Premio de Portugal de 1959
Nome oficial | VIII Portuguese Grand Prix ![]() |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (pt) VIII Grande Premio de Portugal ![]() |
Tipo | Gran Premio de Portugal ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización |
Lisboa (Distrito de Lisboa) Circuíto de Mosanto Park ![]() |
País | Portugal ![]() |
Data | 23 de agosto de 1959 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Stirling Moss Cooper Car Company Coventry Climax ![]() |
Pole position | Stirling Moss ![]() |
Volta máis rápida | Stirling Moss ![]() |
O Gran Premio de Portugal de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 23 de agosto de 1959 no circuíto de Monsanto. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o oitavo Gran Premio de Portugal e o segundo que era puntuable para o campionato mundial de Fórmula 1 de pilotos. Era a terceira vez que se celebraba a carreira en Monsanto e a primeira que puntuaba para a Fórmula Un. A carreira levouse a cabo sobre 62 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 337 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss, foi a súa undécima vitoria nun Gran Premio, pilotando un Cooper T51 para o equipo de carreiras privado Rob Walker Racing Team. Moss terminou unha volta por diante do corredor americano Masten Gregory que pilotaba un Cooper T51 semellante ó do equipo de fábrica de Cooper Car Company. O piloto americano da Scuderia Ferrari Dan Gurney terminou terceiro no seu Ferrari Dino 246.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]As vitorias en Francia e Alemaña deran a Tony Brooks un cómodo lugar no segundo posto no campionato detrás de Jack Brabham. Stirling Moss mellorou a súa pobre posición no campionato gañando a carreira o segundo posto foi para Masten Gregory e o terceiro para Dan Gurney. Phil Hill e Graham Hill estrelaronse un contra outro na volta 6, mentres que Brabham tivo un enorme accidente, dando unha volta de campá, do que saíu ileso. Gurney foi o único Ferrari entre os oito primeiros con Maurice Trintignant e Harry Schell completando os cinco primeiros.
Con Brabham non rematando a carreira e Brooks terminando noveno, Moss pechou a brecha no campionato a só 9 puntos e medio detrás de Brabham e 5 puntos e medio detrás de Brooks.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 4 | ![]() |
Cooper-Climax | 62 | 2:11:55.41 | 1 | 9 |
2 | 2 | ![]() |
Cooper-Climax | 61 | + 1 volta | 3 | 6 |
3 | 16 | ![]() |
Ferrari | 61 | + 1 volta | 6 | 4 |
4 | 5 | ![]() |
Cooper-Climax | 60 | + 2 voltas | 4 | 3 |
5 | 6 | ![]() |
BRM | 59 | + 3 voltas | 9 | 2 |
6 | 10 | ![]() |
Aston Martin | 59 | + 3 voltas | 12 | |
7 | 8 | ![]() |
BRM | 59 | + 3 voltas | 11 | |
8 | 9 | ![]() |
Aston Martin | 58 | + 4 voltas | 13 | |
9 | 14 | ![]() |
Ferrari | 57 | + 5 voltas | 10 | |
10 | 18 | ![]() |
Cooper-Maserati | 56 | + 6 voltas | 14 | |
Ret | 3 | ![]() |
Cooper-Climax | 38 | Transmisión | 8 | |
Ret | 1 | ![]() |
Cooper-Climax | 23 | Transmisión | 2 | |
Ret | 7 | ![]() |
BRM | 10 | Motor | 5 | |
Ret | 15 | ![]() |
Ferrari | 5 | Accidente | 7 | |
Ret | 11 | ![]() |
Lotus-Climax | 5 | Accidente | 15 | |
Ret | 12 | ![]() |
Lotus-Climax | 3 | Caixa de cambios | 16 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados .
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Portugal de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Portugal de 1958 |
Gran Premio de Portugal | Carreira seguinte: Gran Premio de Portugal de 1960 |