Saltar ao contido

Grandes esperanzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grandes esperanzas
Páxina co título do primeiro volume da primeira edición, en xullo de 1861.
Título orixinalGreat Expectations
Autor/aCharles Dickens
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Tema(s)orfo
Xénero(s)Novela
Editorial Chapman & Hall
Galicia Vicens Vives
Data de pub. 1861
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas544
ISBNISBN 978-84-682-1275-3
TraduciónMaría Isabel Soto López
editar datos en Wikidata ]

Grandes esperanzas[1] (en inglés: Great Expectations) é a décimo terceira novela de Charles Dickens, e a penúltima completada. Trátase dun bildungsroman que describe o crecemento e o desenvolvemento persoal dun orfo chamado Pip. É a segunda novela de Dickens, despois de David Copperfield, en ser narrada completamente en primeira persoa. Nun comezo, foi publicada de forma seriada no xornal semanal de Dickens, All the Year Round, dende o 1 de decembro de 1860 até agosto de 1861.[2] En outubro de 1861, Chapman and Hall publicou a novela en tres volumes.[3]

Traduciuna ó galego Isabel Soto a partir da adaptación ó castelán a cargo de José María Pérez Zúñiga, e foi publicada pola editorial Vicens Vives en 2012.[1]

  1. 1,0 1,1 "Ficha do libro en Bitraga". Biblioteca de tradución galega. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  2. University of California Santa Cruz: The Dickens Project (ed.). "Was Dickens Really Paid By the Word?". Regents of the University of California. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  3. Dickens, Charles (1861). Great Expectations I (1 ed.). London: Chapman and Hall. Consultado o 6 de xaneiro de 2017 – vía Internet Archive. ; Dickens, Charles (1861). Great Expectations II (1 ed.). Londres: Chapman and Hall. Consultado o 6 de xaneiro de 2017 – vía Internet Archive. ; Dickens, Charles (1861). Great Expectations III (1 ed.). Londres: Chapman and Hall. Consultado o 6 de xaneiro de 2017 – vía Internet Archive. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]