Grandvalira
Tipo | área de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Encamp, Andorra e Canillo, Andorra | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 1.710 m punto máis alto: 2.560 m | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | 65 (10.260 pers/h) | |||
Pista de esquí alpino | 118 (210 km) 25 38 49 17 | |||
Páxina web | grandvalira.com | |||
Grandvalira é unha estación de esquí dos Pireneos localizada na zona leste do Principado de Andorra, nas parroquias de Encamp e Canillo. A estación está principalmente destinada para a práctica do esquí alpino e chega dende o centro da nación até o leste, onda a fronteira con Francia.
Este é o dominio esquiábel máis grande dos Pireneos e de todo o Sur de Europa, xa que ten un total de 210 quilómetros de pistas. A etación toma o seu nome do río Valira, o río máis grande de Andorra que é resultado da fusión do río Valira de Oriente e do río Valira de Occidente en Escaldes-Engordany.
Historia
[editar | editar a fonte]Grandvalira creouse no inverno de 2003 como resultado dunha fusión entre as estacións de Pas de la Casa - Grau Roig e Soldeu El Tarter. En 2007, Pas de la Casa - Grau Roig celebrou o seu 50 aniversario. O primeiro telesquí foi instalado no ano 1956 por Francesc Viladomat na cima do Coll Blanc. Este telesquí chegaba a transportar 450 equiadores á hora. Dende a fusión, a estación foi ampliada ao Cercle de Pessons e aos Cortals d'Encamp.
Os primeiros canóns de neve artificiais foron instalados en 1985. O primeiro telecadeira desembragábel de seis prazas instalouse en 1997. Estes dous feitos ocorreron na estacións de esquí de Pas de la Casa - Grau Roig.
Sectores
[editar | editar a fonte]A estación de esquí de Grandvalira conta con seis sectores diferentes:
- Encamp (1300m, só se pode acceder á pista por telecabina)
- Canillo (1500m, só se pode acceder á pista por telecabina)
- O Tarter (1719 m)
- Soldeu (1800 m)
- Grau Roig (2120 m)
- Pas da Casa (2100 m)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sector de Pas de la Casa
-
Sector de Grau-Roig.
-
Sector de Soldeu.
-
Sector de Encamp.