Griegos
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Teruel | |||
Capital | Griegos | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 140 (2023) (4,45 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 31,47 km² | |||
Altitude | 1.601 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 44114 | |||
Código INE | 44119 | |||
Sitio web | come.to… | |||
Griegos é unha localidade e municipio de España, na provincia de Teruel, Comunidade Autónoma de Aragón, da comarca Sierra de Albarracín. Ten unha área de 31,47 km² cunha poboación de 160 habitantes (INE 2016) e unha densidade de 5,08 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado aos pés da Muela de San Juan, Griegos é un pequeno pobo da Serra de Albarracín, situado nos Montes Universais. Situado nunha paraxe natural, de singular beleza, ofrece ao visitante unha gran variedade de posibilidades. As súas xentes, os seus costumes, a súa gastronomía... aínda conservan a rusticidade de outrora.
É o segundo pobo con maior altitude de España[1] atopándose, dependendo das fontes, a unha altitude de 1.601[2][3], 1.602[4] ou de 1.604[1][5][6] msnm, anexo á Muela de San Juan. En 2008, foi denominado como o pobo máis frío de toda España[7].
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos de poboamento máis antigos son da transición entre a I Idade de Bronce e a época ibérica. Destacan 3 xacementos: El Cuarto, El Cabecico de los Moros y El Castillejo[2]. En 1930, Martín Almagro descubriu unha necrópole celtibérica na escavación de El Castillejo na que apareceron 14 tumbas datadas arredor do 300 a.C[1].
O 21 de xuño de 1257, por privilexio do rei Xaime I dado en Teruel, este lugar pasa a formar parte de Sesma de Villar del Cobo na Comuidade de Santa María de Albarracín, que dependían directamente do rei. Este réxime administrativo perdurou pois foi a única comunidade que continuou existindo trala aplicación do Decreto de Disolución das mesmas, en 1837. Hoxe ten a súa sede en Tramacastilla[8].
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Griegos é mediterráneo continentalizado. A altitude é o factor principal que provoca que en Griegos se dean temperaturas tan baixas, cunha temperatura media anual de tan só 7,5 °C. Posúe invernos extremadamente fríos e longos, e veráns frescos e curtos, podéndose unicamente superar os 30 graos entre xuño e agosto. No inverno as temperaturas poden baixar dos -15 graos. En pleno verán os termómetros poden mesmo chegar a rexistrar temperaturas por baixo dos 0 graos nalgunhas ocasións.
Respecto das precipitacións, caracterízase por ser unha zona relativamente húmida, sendo o inverno a estación máis chuviosa e destacando unha seca estival nos meses de xullo e agosto. As precipitacións destacadas son as provinientes das frontes Atlánticas, que aínda que levan un longo traxecto percorrido e perderon gran capacidade, deixan precipitacións elevadas. As precipitacións apenas son debidas a centros que actúan no Mediterráneo, xa que son as Serras de Gúdar e Javalambre as que interferen no avance das choivas.
Parámetros climáticos medios de Griegos no período 1961-2003 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima media (en °C) | 3,8 | 5,5 | 8,4 | 10,9 | 14,7 | 20,3 | 24,5 | 24 | 19,9 | 13,4 | 8,2 | 5 | 13,2 |
Temperatura media (en °C) | -0,4 | 0,6 | 3,1 | 5,5 | 9,2 | 14,1 | 17,7 | 17,4 | 13,8 | 8,1 | 3,4 | 0,7 | 7,8 |
Temperatura mínima media (en °C) | -4,6 | -4,3 | -2,2 | 0 | 3,6 | 7,9 | 10,9 | 10,7 | 7,7 | 2,8 | -1,4 | -3,6 | 2,3 |
Precipitación total (mm) | 41 | 43 | 60 | 60 | 84 | 69 | 35 | 39 | 54 | 54 | 50 | 52 | 641 |
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1961-2003 e de temperatura para o período 1961-2003 en Griegos (9098). |
Demografía
[editar | editar a fonte]Táboa da evolución demográfica de Griegos entre 1877 e 2016 | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | 1877 | 1887 | 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | 2016 |
Poboación | 387 | 427 | 422 | 415 | 429 | 481 | 455 | 294 | 396 | 344 | 238 | 180 | 142 | 136 | 140 | 160 |
(Fonte: INE) |
Política local
[editar | editar a fonte]Últimos alcaldes de Griegos
[editar | editar a fonte]Período | Alcalde | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | Miguel Martínez Martínez | PSOE |
1983-1987 | Manuel Chavarrías González | PAR |
1987-1991 | Manuel Chavarrías González | PAR |
1991-1995 | José Luís Chavarrías Sorando | PSOE |
1995-1999 | Miguel Martínez Martínez | PSOE |
1999-2003 | Begoña Lahoz Lapuente | PP |
2003-2007 | Miguel Martínez Martínez | PSOE |
2007-2011 | Juan Manuel Lapuente Belinchón | PP |
2011-2015 | José Luís Chavarrías Sorando | PSOE |
2015-2019 | Juan Manuel Lapuente Belinchón | C's |
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais[9] | ||||
---|---|---|---|---|
Partido | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 |
C's | - | - | - | 2 |
PSOE | 1 | 1 | 4 | 1 |
PAR | 2 | - | - | 1 |
CHA | - | - | - | 1 |
PP | 2 | 4 | 1 | - |
Total | 5 | 5 | 5 | 5 |
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A paraxe natural é a riqueza principal de Griegos, rodeado de frondosos bosques, extensos campos de cereais, devesas de pasto do gando, modelaxe cárstica, innumerables fontes de auga fresca e cristalina,
A fauna é abundante e emerxente, destacándose a abundancia de bolboretas e as especies cinexéticas; Griegos atópase na Reserva Nacional de Caza dos Montes Universais.
O frío limita en gran medida a riqueza florística na zona. Unha riqueza importante en Griegos e na serranía son os fungos e cogomelos, abundantes no outono, que todos se afanan por colleitar.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Do patrimonio histórico da vila salientan tres construcións, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Roque e o Pairón de San Antonio Abad.
Entre os restos celtiberos situados en Griegos atópanse a necrópole de "O Cuarto", o torreón "O Castillejo" e o hábitat de "A Chea de Terra".
Próximos á poboación consérvanse centos de metros de trincheiras da guerra civil española, así como majadas e parideiras antigas onde se gorecía noutros tempos o gando, e tamén construcións para a produción do cal, as chamadas "caleras", etc.
Ademais do patrimonio histórico, o turismo é atraído pola inauguración dunhas pistas de esquí de fondo, xunto cos carreiros de PR e GR que hai pola zona, ademais da oferta hostaleira: hostal, casas de alugueiro, casas de turismo rural, apartamentos, etc.. En cuestión de turismo, Gregos benefíciase da descentralización do turismo da serra —moi estancado na poboación de Albarracín— e ofrece alternativas atractivas ao visitante: sendeirismo, esquí de fondo, raquetas de neve, mountain bike ou simplemente descanso de fin de semana da tensión urbana.
Servizos
[editar | editar a fonte]Griegos a pesar de ser un municipio pequeno ten varios negocios e diferentes servizos. Giregos conta cunha panadaría, que ademais se fai cargo da repartición de pan nas localidades próximas; tamén conta cun Hostal, unha casa rural "Casa Aldea", así como un bar-restaurante "La Muela de San Juan" e ademais existe un Museo etnográfico sobre insectos chamada a "Casa das Bolboretas".
Ademais conta cos servizos públicos de consultorio médico e colexio público. A pesar das dificultades que existen nos núcleos rurais para manter as escolas públicas, Griegos conseguiu mantela aínda que sexa con apenas 6 alumnos. Nos últimos cursos está a aumentar o número de escolares grazas a iniciativas municipais[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Griegos". Sitio oficial do concello de Griegos. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Qué ver en Griegos". clubrural.com. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Predicción por Municipios. Griegos (Teruel)". aemet.es. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "El Griegos de Teruel: sin helenos, longevo y con superávit". heraldo.es. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2016. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Griegos (Teruel)". lawebdegriegos.webcindario.com. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Griegos (ESARA4400000044114A)". meteoclimatic.net. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "En Griegos rondan los cero grados también en verano, en pleno mes de agosto". 20minutos.es. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Comunidad de Albarracín". comunidaddealbarracin.org. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Eleccións municipais 2007-2015". Goberno de Aragón. Instituto Aragonés de Estadística. Arquivado dende o orixinal o 11-08-2017. Consultado o 11-08-2017.
- ↑ "Griegos, en Teruel, ofrece trabajo y alquiler gratis a dos familias con niños pequeños". heraldo.es. Arquivado dende o orixinal o 16-02-2017. Consultado o 11-08-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Griegos |