Saltar ao contido

Grupo aditivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un grupo aditivo é un grupo no que a operación do grupo debe considerarse como adición nalgún sentido. Normalmente é abeliano, e normalmente escríbese usando o símbolo + para a súa operación binaria.

Esta terminoloxía é moi utilizada con estruturas equipadas con varias operacións para especificar a estrutura obtida esquecendo as outras operacións. Os exemplos inclúen o grupo aditivo[1] dos números enteiros, dun espazo vectorial e dun anel. Isto é particularmente útil con aneis e corpos para distinguir o grupo subxacente aditivo do grupo multiplicativo dos elementos invertíbeis.

  1. Bourbaki, N. (1998) [1970]. "§8.1 Rings". Algebra I: Chapters 1–3. Springer. p. 97. ISBN 978-3-540-64243-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]