Guan Hanqing
Nome orixinal | (zh) 關漢卿 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1241 Zhongdu, Dinastía Jin (en) |
Morte | 1320 Khanbaliq, Dinastía Yuan |
Lugar de sepultura | Q10893963 |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Ocupación | Dramaturgo, poeta |
Período de actividade | Dinastía Yuan |
Xénero artístico | Sanqu 散曲 |
Lingua | Chinés |
Obra | |
Obras destacables
| |
Guan Hanqing (chinés tradicional: 關漢卿; chinés simplificado: 关汉卿; pinyin: Guān Hànqīng; Wade-Giles: Kuan1 Han4-ch'ing1), nado cara ao 1241 e finado no 1320, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Ma Zhiyuan e Zheng Guangzu.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guan Hanqing foi un dos máis produtivos e creativos dramaturgos do norte da China. Descrito por Jia Zhongming como "o líder do Xardín das Pereiras" (liyuan lingxiu 梨園領袖), Guan estaba plenamente integrado na escena teatral do seu tempo, polo que era ben coñecido por actores e escritores.[4] Atribúenselle sesenta e oito obras, das cales só nos chegaron dezaoito, tres delas de maneira fragmentaria. Guan redactou os seus textos no vernáculo da súa época, principalmente. Sobre todo, foi recordado para a posteridade polos seus retratos optimistas dos oprimidos.[5]
Ademais de dramaturgo, foi un mestre do xénero poético sanqu 散曲. Conservamos cincuenta e sete das súas cancións (xiaoling 小令) e catorce suites (taoshu 套數).
Guan pasou gran parte dos seus derradeiros anos en Beijing e tamén en Hangzhou, no sur.
Obras
[editar | editar a fonte]- Gantian dongdi dou e yuan 感天動地竇娥冤 ("A inxustiza de Dou E, ou Neve en verán").
- Bao dai zhi san kan hudie meng 包待制三勘蝴蝶夢 ("O soño da bolboreta").
Traducións
[editar | editar a fonte]- Tres dramas chinos. La injusticia contra Dou E. El huérfano del clan de los Zhao. Historia del ala oeste. Tradución ao castelán de Alicia Relinque Eleta.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guan Hanqing - Yuan Dynasty, Poet & Playwright - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-29.
- ↑ Chan, Sin-wai; Pollard, David E. (2001). An Encyclopaedia of Translation: Chinese-English, English-Chinese (en inglés). Chinese University Press. ISBN 978-962-201-997-3.
- ↑ "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 2024-01-29.
- ↑ 中国戏曲研究院 (1959). 中國古典戲曲論著集成 (en chinés). 中国戏剧出版社.
- ↑ The Columbia Anthology of Yuan Drama. Columbia University Press. 2014. doi:10.7312/hsia12266.
- ↑ "Tres dramas chinos. La injusticia contra Dou E, El huérfano del clan de los Zhao, Historia del ala oeste — 窦娥冤; 赵氏孤儿; 西厢记 (Dou'E Yuan; Zhao Shi Gu'Er; Xi Xiang Ji) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2024-01-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guan Hanqing (La literatura china traducida en España)