Ma Zhiyuan
Nome orixinal | (zh) 馬致遠 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1250 Khanbaliq, Dinastía Yuan |
Morte | 1321 |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama e poesía |
Ocupación | Poeta, dramaturgo |
Período de actividade | Dinastía Yuan |
Xénero artístico | Sanqu |
Lingua | Chinés |
Obra | |
Obras destacables Qiu si 秋思 |
Ma Zhiyuan (chinés tradicional: 馬致遠; chinés simplificado: 马致远; pinyin: Mǎ Zhìyuǎn; Wade-Giles: Ma3 Chih4-yüan3), nome de cortesía Dongli, nado en Beijing cara ao 1250 e finado no 1321, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Guan Hanqing, Bai Renfu e Zheng Guangzu.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Poemas
[editar | editar a fonte]Entre os seus logros, destaca o desenvolvemento e popularización do sanqu 散曲, un tipo de poesía en chinés clásico. A súa peza máis coñecida neste xénero é Qiu si 秋思 ("Pensamentos de outono").[1] Este poema está composto no metro tianjinsha 天淨沙, e emprega dez imaxes con vinte e dúas sílabas.[2] Está considerado coma o prototipo de poema melancólico outonal na literatura chinesa. Foi citado no bestseller Sahala de gushi 撒哈拉的故事 ("Historias do Sáhara", 1976), da escritora taiwanesa Sanmao.[3]
- 《秋思》 Pensamentos de outono
- 枯藤老樹昏鴉。 Sobre as vellas árbores con podres rubideiras voan corvos vespertinos;
- 小橋流水人家。 Baixo a pontiña, preto da casopa, flúe un regato;
- 古道西風瘦馬。 Polo antigo camiño, os ventos do oeste acompañan a un fraco cabalo.
- 夕陽西下,斷腸人在天涯。 O sol ponse cara ao oeste; o desconsolado está lonxe do fogar.[2]
Os seus sanqu foron reunidos na escolma Dongli yuefu 東籬樂府 ("A poesía do valado do leste"), que contén cento catro sanqu e dezasete taoshu.
Teatro
[editar | editar a fonte]Na actualidade, consérvanse quince das súas pezas dramatúrxicas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ci hai bian ji wei yuan hui 辞海编辑委员会". search.worldcat.org (en chinés). Shanghai ci shu chu ban she 上海辞书出版社. 1979. Consultado o 2024-01-29.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-29.
- ↑ Sanmao (2016). Diarios del Sáhara (en castelán). :Rata_. ISBN 978-84-944891-7-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ma Zhiyuan (La literatura china traducida en España)