Gumersindo Buján Buján
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1850 Ribadavia, España |
Morte | 4 de decembro de 1911 (60/61 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xuíz |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Antonio Buján Pérez |
Gumersindo Buján Buján, nado en Ribadavia en 1850 e finado en Barcelona o 4 de decembro de 1911, foi un avogado e xuíz galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xuíz de Primeira Instancia e Instrución de Corcubión (1886), Viana do Bolo (1887), Celanova (1893), Tui (1897) e Vigo (1898). Interveu como xuíz especial na causa que se seguiu polo asasinato de Domingo Barja, alcalde e cacique de Laza, en 1900. En 1901 foi tenente fiscal da Audiencia de Ourense e presentouse ás eleccións para deputado a Cortes polo distrito de Ribadavia, pero foi derrotado por Adolfo Merelles Caula. Como fiscal da Audiencia de Ourense interveu nos conflitos campesiños da comarca de Valdeorras. Despois foi maxistrado da Audiencia de Salamanca e Barcelona. Finou en Barcelona o 4 de decembro de 1911.[1][2]
Foi un teórico das institucións xurídicas galegas. Publicou as súas opinións sobre os foros no folleto Redención forzosa de los foros al dominio directo que apareceu en El Miño en 1900. A súa obra fundamental é De la propiedad y los foros. Estudio jurídico-social (1902), na que sinala un camiño específico para acabar cos foros.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sociedad gallega. Estudio jurídico sobre el contrato de compañía de familia, 1887 (con prólogo de Juan Manuel Paz Novoa).
- De la propiedad y los foros, 1902.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Contemplación Pérez López Millán e foi pai de Antonio Buján Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Buján y Buján, Gumersindo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "Buján y Buján, Gumersindo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 178.
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.