Gumersindo Liñares Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 24 de agosto de 1929 Ordes, España |
Alcalde de Trazo | |
1905 – 1923 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Juan Liñares Iglesias |
Gumersindo Liñares Iglesias, finado en Ordes o 24 de agosto de 1929[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Liñares Carmuega e Carmen Iglesias Rodríguez. Apoiou a Antonio del Río, pero cando caeu pasou ao bando de Saturnino Aller Rodríguez. Foi nomeado xuíz municipal de Trazo en 1889[2]. Foi alcalde de Trazo de 1905 até a ditadura de Primo de Rivera. En 1923 negouse a entregar o bastón de mando á autoridade militar, polo que foi detido e levado á Coruña.
Predecesor: ? |
Alcalde de Trazo 1905 - 1923 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Iglesias Rapela, irmá da muller de Antonio Concheiro Rodríguez, e foi pai de Juan Liñares Iglesias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 25-8-1929, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 14-7-1889, p. 2.