Saturnino Aller Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Mesía, España |
Morte | 30 de abril de 1923 Ordes, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
1915 – 1919 ← José Pan de Soraluce – Valentín Molina Couceiro → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
2 de novembro de 1905 – 30 de marzo de 1907 | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Irmáns | Domingo Enrique Aller Rodríguez |
Saturnino Aller Rodríguez, nado en Mesía e finado en Ordes o 30 de abril de 1923,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Aller Carro, do Pazo da Casa da Vila en Castro (Mesía). Foi secretario de concello. Foi elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1905. Foi deputado provincial e presidente da Deputación da Coruña (1915-1919).
Predecesor: José Pan de Soraluce |
Presidente da Deputación da Coruña 1915 - 1919 |
Sucesor: Valentín Molina Couceiro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán de Domingo Enrique Aller Rodríguez e tío de Ramón María Aller Ulloa e Jesús Aller Ulloa, os seus herdeiros.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A corporación de Ordes púxolle en 1923 o nome de Avenida Saturnino Aller á vía que vai desde O Recreo ata o cruzamento principal, que despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 recibiu o nome de Avenida José Antonio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 1-5-1923, p. 2.