Gumersindo Placer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1904 Pontedeume, España |
Morte | 18 de xullo de 1993 (88 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, frade, historiador, sacerdote católico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde da Mercé |
Frei Gumersindo Placer López, nado en Pontedeume o 23 de decembro de 1904 e finado en Madrid o 18 de xullo de 1993[1], foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos trece anos ingresou no convento dos mercedarios de Poio. Ordenado sacerdote en 1928, exerceu como profesor de humanidades e catequista no Mosteiro de Poio, desde onde colaborou na revista Logos. Posteriormente exerceu a docencia en Herencia (provincia de Cidade Real) e Ferrol. Participou na fundación das revistas Estudios e La Merced.
Foi elixido membro non numerario da Real Academia Galega en 1940. En outubro de 1943 ingresa como capelán de prisións, estando destinado como tal en Carabanchel e Pontevedra.
En 1977 foi nomeado fillo adoptivo de Pontedeume e déuselle o seu nome a unha rúa da vila.
Obras
[editar | editar a fonte]- Dez Biografías breves de Santos Galegos (ensaio; 1931-32)
- A espiritualidade do cancioneiro da vaticana (ensaio; 1936)
- Algas (poesía; 1959)
- Un subtema rosaliano. O Suicidio. Comentario encol de «As Torres de Oeste» (ensaio; 1972)
- Crónicas de mi rincón natal (1977)
- Bibliografía Mercedaria (tres tomos)
- O club dos catro (novela inédita)
- Lembranzas dun frade (novela inédita)
- Fervenzas da i-alma (novela inédita)
Prologou e escolmou o podemario Do mar e da terra de Francisco María de la Iglesia[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC, 14 de setembro de 1993 (en castelán).
- ↑ Do mar e da terra na Biblioteca Virtual Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Castro Álvarez, Carlos de (2004). "Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume" (PDF). Cátedra (11): 46–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2012. Consultado o 05 de novembro de 2011.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.