Gumersindo Rico González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Luarca, España |
Morte | 21 de setembro de 1957 (65/66 anos) Luarca, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, empresario |
Gumersindo Rico González, nado en Luarca o 23 de agosto de 1891[1] e finado na mesma vila o 21 de setembro de 1957, foi un avogado, empresario e político asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do rexistrador da propiedade Gil Rico Suárez-Coronas. Estudou na Facultade de Química na Universidade Central, e en 1911, logo de instalarse en Madrid, ingresou na Facultade de Dereito, onde se doutorou. Foi presidente das Juventudes Reformistas do partido de Melquíades Álvarez. En 1922 converteuse en director xerente da delegación comercial da International Western Electric Company (IWEC), empresa do sector telefónico, e en 1923 foi director da Sociedad Teléfonos Bell. En 1924, foi un dos artífice xunto con Sosthenes Behn, presidente da ITT, da fundación da Compañía Telefónica, da que foi secretario xeral do Consello de Administración.
Foi elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes de 1933 como republicano independente. Nas eleccións de febreiro de 1936 volveu presentarse como independente integrado na candidatura de dereitas, pero non resultou elixido. Renunciou ao cargo de secretario xeral do Consello de administración da Telefónica en agosto de 1936, ao ser intervida a compañía. Exiliouse e despois da Guerra civil intentou infrutuosamente reingresar na Compañía Telefónica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1911 con Josefa Rodríguez Villar e foi pai do diplomático Gumersindo Rico Rodríguez-Villar.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RICO GONZÁLEZ, Gumersindo". forohistorico.coit.es (en castelán). 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2022.
- ↑ Méndez, Eloy (12 de febreiro de 20212). "Fallece el luarqués Gumersindo Rico, ex embajador en Argel y La Habana". lne.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2022.