Gure Esku Dago
Gure Esku Dago | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 2013 |
Premios | Premio Argia |
País | España |
Na rede | |
https://gureeskudago.eus | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gure Esku Dago (GED, "Está nas nosas mans", en vingua vasca, oficialmente denominada Gure Esku Dago GED-EH Kultura Elkartea), é unha asociación cultural española que se define como unha iniciativa cidadá plural e participativa, que traballa polo dereito para decidir do pobo vasco, ofrecendo o seu apoio a diversas iniciativas locais e organizando consultas en diferentes territorios.
Historia
[editar | editar a fonte]O 8 de xuño de 2014 organizouse unha cadea humana que uniu Durango con Pamplona polo dereito para decidir no territorio de Euskal Herria e xuntou a máis de 150.000 persoas.[1][2][3]
O 8 de novembro de 2014, na praia de Zurriola[4][5], organizouse un gran mosaico, fermoso e colorido con 10.000 persoas, co obxectivo de felicitar ao pobo escocés, dar ánimos ao pobo catalán ás portas da consulta e dar un paso máis polo dereito para decidir en Euskal Herria.[6]
A partir do ano 2016 Gure Esku Dago estivo organizando consultas locais polo dereito para decidir.[7][8]
Diversos actores sociais apoiaron a Gure Esku Dago, como actores, cantantes, deportistas, cociñeiros... Entre os partidos: Partido Nacionalista Vasco, Podemos, Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu, Esquerra Republicana de Catalunya, PDeCAT...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un recorrido de 123 kilómetros a favor del derecho a decidir". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "La cadena humana reclama el derecho de Euskal Herria a decidir". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Cadena humana solidaria por Cataluña en el Goierri guipuzcoano". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Mosaico por el derecho a decidir en La Zurriola". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Miles de personas se muestran 'preparadas para decidir' en Bilbao". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Gure Esku Dago formará un mosaico gigante el 10 de junio en Bilbao". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "El 27 de enero Gure Esku Dago presentará la movilización de junio | Gure Esku Dago". gureeskudago.eus. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Resultados pueblo a pueblo de las consultas del 5 de noviembre de GED". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.