Partit Demòcrata Europeu Català
Partit Demòcrata Europeu Català | |
---|---|
Partido político de Cataluña | |
Dirixentes e organización | |
Líder | David Bonvehí (presidente) Marc Solsona Aixalà (secretario xeral) |
Historia | |
Fundación | 2016 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centro político Nacionalismo catalán Liberalismo Independentismo catalán Federalismo europeo |
Representación | |
Representación | 0 deputados (de 135) no Parlamento de Cataluña |
Outros datos | |
Sede | Carrer Provença, 339 Barcelona |
Na rede | |
www.partitdemocrata.cat | |
O Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT, en galego: Partido Demócrata Europeo Catalán), coñecido popularmente como Partit Demòcrata, foi un partido político republicano e independentista catalán creado o 10 de xullo de 2016 en Barcelona. Foi o partido sucesor da antiga Convergència Democràtica de Catalunya[1] e definíase como «demócrata, catalanista, independentista, europeísta e humanista».[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Contexto histórico
[editar | editar a fonte]O proceso independentista catalán fixo que varios partidos políticos cataláns replantearan parte dos seus principios estatutarios. Durante a década de 2010, Convergència pasou do autonomismo ao soberanismo e posteriormente ao independentismo. Durante esa evolución, rompeuse a histórica coalición Convergència i Unió co seu socio Unió Democràtica de Catalunya. Ademais, no verán de 2014 o presidente fundador do partido, Jordi Pujol, confesou ter unha fortuna oculta no estranxeiro. Co obxectivo de pasar a páxina da corrupción no partido, a dirección do mesmo decidiu que era necesaria unha refundación, pero a causa de varias convocatorias electorais foise pospoñendo ata 2016.[3] En xaneiro dese ano Artur Mas, en ser substituído por Carles Puigdemont como presidente da Generalitat, asumiu a tarefa de preparar a refundación do seu partido.
Fundación do partido
[editar | editar a fonte]O 8 de xullo de 2016 celebrouse o último congreso de Convergència Democràtica de Catalunya, no que se acordou a súa refundación nun novo partido que tería o seu primeiro congreso entre o 8 e 10 de xullo. Inicialmente a dirección de CDC presentou dúas opcións para o nome do partido: Més Catalunya e Catalans Convergents, pero as bases do partido manifestaron o seu rexeito as dúas propostas e o 9 de xullo presentaron tres novas propostas consensuadas nunha comisión de asociados: Junts per Catalunya, Partit Demòcrata Català e Partit Nacional Català. O 10 de xullo, nunha primeira volta de votacións descartouse a opción de Junts per Catalunya, e na segunda, Partit Demòcrata Català impúxose por 871 votos enfronte aos 657 da opción de Partit Nacional Català.[4] Despois da elección do nome, Demòcrates de Catalunya, a escisión soberanista de UDC, anunciou que emprendería accións legais xa que o novo nome podía dar lugar á confusión entre as dúas formacións.[5]
Os candidatos a presidir a dirección nacional do partido realizaron un proceso de primarias, que se celebrou os días 23 e 24 de xullo na nova sede da rúa Provença de Barcelona.[6] Días antes Jordi Turull e Germà Gordó anunciaron que non se presentarían, dando paso a novos candidatos. Aprováronse Artur Mas e Neus Munté como tándem presidencial e Marta Pascal e David Bonvehí como cordinadores xerais. Mercè Conesa gañou a Santi Vila nas eleccións á Presidencia do Consello Nacional.[7]
Organización
[editar | editar a fonte]A dirección do Partit Demòcrata está encabezada por un presidente e unha vicepresidenta en parella mixta e representa o máximo órgano de representación institucional do partido, aínda que non ten funcións executivas. Un grado por debaixo atópase a dirección executiva formada por un coordinador xeral e once membros, seguindo criterios de paridade de xénero.[2]
Tamén haberá un comité nacional, con 50 representantes das seccións territoriais, e un consello nacional con 300 integrantes. A asemblea nacional do partido reunirase aproximadamente cada dous anos.[2]
Os membros do partido só poden compaxinar un cargo orgánico cun institucional e establécese un sistema de primarias para a elección de novos cargos, que terán unha limitación de oito anos, exceptuando os cargos de ámbito municipal.
Presidencia
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome | Cronoloxía | Notas |
---|---|---|---|
Presidente | Artur Mas i Gavarró | 23 de xullo de 2016 | Presidente da Generalitat (2010 - 2016) |
Vicepresidenta | Neus Munté i Fernández | 23 de xullo de 2016 | Conselleira da Presidencia e Voceira do Goberno (2015 - actualidade) |
Dirección Executiva
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome | Cronoloxía | Notas |
---|---|---|---|
Coordinadora Xeral | Marta Pascal[8] | 23 de xullo de 2016 | Deputada no Parlamento de Cataluña |
Coordinador Organizativo | David Bonvehí | 23 de xullo de 2016 | Deputada no Parlamento de Cataluña |
Presidenta do Consello Nacional | Mercè Conesa | 24 de xullo de 2016 | Alcaldesa de Sant Cugat del Vallès e presidenta da Deputación de Barcelona |
Área de Estudos e Proxectos | Elsa Artadi | 23 de xullo de 2016 | |
Proxectos | Marc Castells | 23 de xullo de 2016 | Alcalde de Igualada |
Institucións | Montse Candini | 23 de xullo de 2016 | Alcaldesa de Calella e deputada no Parlamento de Cataluña |
Implantación con novos sectores | Albert Batet | 23 de xullo de 2016 | Alcalde de Valls e deputado no Parlamento de Cataluña |
Comunicación e Datos | Lluís Soler | 23 de xullo de 2016 | Alcalde de Deltebre |
Mobilización e Asociados | Vanessa Farré | 23 de xullo de 2016 | |
Mundo Local | David Saldoni | 23 de xullo de 2016 | Alcalde de Sallent |
Mundo Local | Lluís Guinó | 23 de xullo de 2016 | Alcalde de Besalú e deputado no Parlamento de Cataluña |
Formación | Maria Dolors Tella | 23 de xullo de 2016 | |
Área Metropolitana | Xavier Fonollosa | 23 de xullo de 2016 |
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]O partido defínese como independentista e defende un estado catalán independente en forma de república. Para conseguilo non descarta realizar pasos «unilaterais» se España bloquea o resto de vías legais. Respecto do modelo social, o partido defende un estado de benestar onde «o sistema educativo, o sistema de saúde e a protección e a acción social sexan os fundamentos que sustenten unha igualdade real de oportunidades».[9] Tamén defende a seguridade como unha das principais liberdades, quere establecer un discurso respecto da inmigración baseado nos «dereitos e as responsabilidades, a familia como un modelo aberto pero ao mesmo tempo como eixo central da sociedade, e a sustentabilidade, como unha nova realidade económica». En termos económicos, potencia a economía de mercado pero «cun rostro social». No campo da educación, continuarán apoiando a liberdade de escoller escola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ March, Oriol (10 de xullo de 2016). "Partit Demòcrata Català: la Convergència refundada ja té nom". Diari Ara (en catalán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 García Pagan, Isabel; Gisbert, Josep (11 de xullo de 2016). "Las nueve claves del Partit Demòcrata Català y su independentismo sin matices". La Vanguardia (en castelán).
- ↑ March, Oriol (8 de xullo 2016). "Convergència canvia de pell i defineix l'abast de la seva renovació". Diari Ara (en catalán).
- ↑ VilaWeb, ed. (10 de xullo de 2016). "Elecció del nom del PDC" (en catalán).
- ↑ "Demòcrates recorre la via administrativa contra el nom de Partit Demòcrata Català" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ March, Oriol (15/01/2016). "CDC ja ha comprat la nova seu al carrer Provença de Barcelona". Diari Ara (en catalán).
- ↑ "David Bonvehí: pròxim a Puigdemont i al món municipal". Diari Ara (en catalán). 13/0772016.
- ↑ "Direcció". Partit Demòcrata Català. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ March, Oriol (12 de xullo de 2016). Diari Ara, ed. "Independència sense ambigüitats, noves sigles i adéu als Pujol: què ha canviat a CDC en quatre anys" (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 29 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en catalán)