Saltar ao contido

Győző Kulcsár

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGyőző Kulcsár

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHungarian University of Sports Science (en) Traducir (–1976)
Universidade de Tecnologia e Economia de Budapeste (pt) Traducir (–1968) Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1976fencing at the 1976 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1972fencing at the 1972 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1968fencing at the 1968 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1964fencing at the 1964 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: gyozo-kulcsar Find a Grave: 243801713 Editar o valor en Wikidata

Győző Kulcsár (en húngaro: Kulcsár Győző), nado en Budapest o 18 de outubro de 1940), é un tirador de esgrima húngaro, xa retirado, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a segunda guerra mundial en Suecia, regresando a Hungría en 1946, comezou a practicar esgrima aos quince anos no instituto a partir de 1957 co club Újpesti TE comezou a participar en competicións nacionais. Participou, aos 23 anos, nos Xogos Olímpicos de 1964 celebrados en Toquio, gañando a medalla de ouro na proba por equipos d espada e quedando de noveno na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1968 de México gañou dúas medallas de ouro nas probas individual e por equipos, metais que foron bronce e novamente ouro respectivamente nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal revalidou a medalla de bronc en individual e rematou cuarto na proba por equipos, gañando así un diploma olímpico.

Ao longo da súa carreira gañou nove medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, tres delas de ouro. Tras retirarse sacou o título de adestrador profesional de esgrima na Facultade de Educación Física (1976), é mestre de armas recoñecido pola Federación de Esgrima Húngara, da que foi secretario xeral (1979-1980) e adestrador do equipo húngaro de esgrima ata 1988, ano no que se estableceu en Italia, adestrando no AC Pro Vercelli. No ano 2001 volveu a Hungría como adestrador do Budapesti Honvéd–LNX. Foi membro do Comité Olímpico Húngaro (2005-2012) e adestrador principal do equipo de espada húngaro ata o ano 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]