Härryda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland ![]() | ||||
Capital | Mölnlycke (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.003 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 291,09 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | harryda.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Härryda é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é Mölnlycke. Unha pequena parte do oeste do municipio (Helenedal) pertence á área urbana de Gotemburgo. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 39 457 habitantes.[2]
O municipio está situado no oeste do landskap de Västergötland e está incluído na área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg). Ao sur limita cos concellos de Mölndal e Mark, ao leste co de Bollebygd, ao norte cos de Lerum e Partille, e ao oeste co de Gotemburgo. A través do municipio flúe o río Mölndalsån.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Härryda atópase por vez primeira nas fontes cos nomes Herryda e Herrida en 1540. Posteriormente aparece tamén como Härrydt en 1567, Herrödha en 1583, Härrya en 1679 e Härryda en 1881. A primeira parte contén o nome do regato Hära, referíndose á granxa Härryda que estaba rodeada polo Härån (no presente chamado Lillån ou Härsjöbäcken), onde o significado de Här se convierte no nórdico antigo ccidental hárr ou hærr, gris ou canoso. A segunda parte é unha forma flexiva do sueco antigo rydh, claro, lugar aberto. A forma básica do nome foi Hærā-rydha.[3]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Björketorp, Härryda, Landvetter e Råda. A partir destas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural Härryda incluíuse no de Landvetter.
O municipio de Härryda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos municipios rurais de Björketorp, Landvetter e Råda, onde a área de Björketorp pasou ao mesmo tempo do condado de Älvsborg ao condado de Göteborgs och Bohus.[4] Como capital elixiuse a maior área urbana, Mölnlycke, que anteriormente fora capital do municipio rural de Råda. Alí inaugurouse unha nova casa do concello no ano 1983.
O 1 de xaneiro de 1992 transferíuse unha área con 48 persoas dende o concello de Mölndal ao de Härryda.[5]
Dende o seu nacemento ata 2009 o concello pertenceu ao partido xudicial de Mölndal, e dende ese ano ao de Gotemburgo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-10.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-10.
- ↑ Ortnamnen i Göteborgs och Bohus län I: Ortnamnen i Sävedals härad jämte gårds- och kulturhistoriska anteckningar, red. Hjalmar Lindroth, Institutet för ortnamns- och dialektforskning vid Göteborgs Högskola, Göteborg 1923 s. 15 + 137
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Befolkningsstatistik 1991" (PDF). Statistiska centralbyrån. 2015-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 2022-09-10.
- ↑ "Domsagohistorik - Mölndals tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 10 de setembro de 2022.