Héctor Carré
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, escritor |
Premios | |
| |
Héctor Carré Menéndez, nado na Coruña en 1960, é un director de cine e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Abandonou os estudos de arquitectura e trasládase a Madrid en 1981, onde obtivo o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias. Traballou no mundo cinematográfico como axudante de dirección de Terry Gillian, Mario Camus e Pedro Olea. Fixo curtametraxes La suerte cambia e Angelitos, documentais e videoclips (Un ejemplar de primavera para o disco de Rosendo, A tientas y barrancas) e publicidade. En televisión coordinou a serie Nada es para siempre de Antena 3. En 2001 volveu residir na Coruña, onde traballa en publicidade e como guionista para a Televisión.
En 2007 publicou a novela Diario do impostor e en 2011 gañou o Premio Fundación Nova Caixa Galicia coa novela Febre.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- A sorte cambia, 1991.
- Coitadiños, 1992.
- Dame lume, 1993.
- Dame algo, 1997.
- Emigrantes en terra de emigrantes, 2001.
- A promesa, 2003.
- Libro de familia, 2004.
- O neno de barro (2007, coguionista).
- Personal Movie (2012).
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Diario do impostor (2007, Xerais; narrativa)
- Febre (2011, Xerais; narrativa xuvenil). Traducida ao inglés como Fever (2021).[1]
- Hai que matalos a todos (2015, Xerais; narrativa).
- Medos (2021, Xerais; narrativa). 224 páxs. ISBN 978-84-9121-915-6. ePub: ISBN 978-84-9121-916-3.
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 por Febre.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil no 2011, por Febre.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en AVG
- "Autor/a: Héctor Carré". Edicións Xerais.