A promesa
Aparencia
A promesa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La promesa |
Director | Héctor Carré |
Guión | Héctor Carré José Antonio Félez |
Intérpretes | Carmen Maura Ana Fernández Juan Margallo |
Música | Suso Rey Manuel Varela |
Fotografía | Juan Carlos Gómez |
Estudio | Tesela P.C. Pórtico de comunicación |
Distribuidora | Alta Classics |
Estrea | 13 de agosto de 2004 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 2 000 000 € (estimado) |
Recadación | 335.864,56 €[1] |
A promesa (en castelán: La promesa) é un filme español de 2004 dirixido por Héctor Carré. Está protagonizado por Carmen Maura.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de matar ó seu marido maltratador e infiel, a ama de casa relixiosa e esquizofrénica Gregoria abandona Madrid e viaxa a Galicia para visitar unha igrexa onde un descoñecido lle dixo que todos deberían ir, vivos ou mortos. Cando Gregoria chega, salva a vida do neno Daniel e a súa nai Dorita en agradecemento invítaa a xantar na súa casa. Gregoria cambia o seu nome a Celia e acepta traballar como neneira e camareira de Dorita e o seu marido disfuncional Leandro. O comportamento violento de Leandro desencadea un proceso de tolemia en Celia, que é perseguida por demos e pantasmas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carmen Maura como Celia
- Ana Fernández como Dorita
- Juan Margallo como Roberto
- Santiago Barón como Daniel
- Evaristo Calvo como Leandro
- Xulio Lago como Senén
- Luísa Merelas como Felisa
- Antonio F. Simón como Don Damián
- Luís Iglesia como doutor
- Víctor Mosqueira como cura
- Chete Lera como Amable
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A promesa". Consultado o 17 de febreiro de 2020.