Héitor Mera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Héitor Mera Herbello, nado en Cangas en 1977, é un profesor e crítico literario galego.
Traxectoria
Profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario do CPR Don Bosco Salesianas de Vigo.[1] Ten exercido como crítico literario en diversos medios de comunicación, como o Faro da Cultura, A Nosa Terra e Vieiros.
O seu traballo investigador tense centrado especialmente na figura de Bernardino Graña.
Obra
Ensaio
- Literatura en galego no alborexar do século (2010). Morgante.
- Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego (2010). Morgante.
- Bernardino, mariñeiro do verbo. Vida e obra de Bernardino Graña (2012). Morgante.
Edicións
- Vinte mil pesos crime, de Bernardino Graña (2005). Xerais.
- Cartas de Bernardino Graña (2021). Morgante. 196 páxs. ISBN 978-84-15166-95-5.
- A torre de Peito Burdelo, de Galo Salinas (2021). Morgante. ISBN 978-84-15166-96-2.
Traducións
- Sopa de cola de lagarta, de Marta Gené Camps (2009) Rodeira.
- Na procura do tesouro de Kola, de Edna López (2011). Rodeira.
Conversas
- Conversas con Bernardino Graña, con Rafael Fernández Lorenzo (2005). Xerais.
Obras colectivas
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán. Século 21, 2007, Galaxia.
- Historia didáctica da literatura galega, con Manuel Rodríguez Alonso, 2011, Morgante.
Notas
- ↑ "Equipo docente – Colegio Don Bosco – Vigo" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2021.