Saltar ao contido

Manuel Rodríguez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Alonso
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1952
A Groba (Ribadavia)
Morte23 de setembro de 2015 (63 anos)
Pozuelo de Alarcón (Madrid)
Formación profesionalDoutor en Filoloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua galega, lingüística e lexicografía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónProfesor, lingüista
Xénero artísticoCrítica, filoloxía, lingüística
LinguaGalego

BNE: XX1540225 BUSC: rodriguez-alonso-manuel-1952 Dialnet: 9101

Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015[1][2], foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballaba na UNED, como profesor de ensino medio. Dende 1988, traballou como lingüista para a editorial Edicións SM. Tiña colaborado na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos.

Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, resumiu deste modo[4] o seu activo labor a prol das letras galegas:

Manuel Rodríguez Alonso deixa a súa importante obra crítica e ensaística, mais tamén outra non menos relevante, a lexicográfica, como un dos dicionaristas máis destacados da lingua galega. A súa valoración do silencioso traballo editorial, como concienzudo editor de textos que foi, a súa preocupación pola corrección e a calidade da lingua literaria galega marcaron tendencia na crítica galega, transformándose en expresión de autoestima e rigor para o noso sistema literario.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Obras en castelán

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Diccionario de las lenguas de España (1985).
  • Manual de dudas de la lengua española (1987).
  • Historia de la literatura gallega (2002).
  1. "Finou o profesor e crítico Rodríguez Alonso", artigo en Letra en obras, 23 de setembro de 2015.
  2. Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria Arquivado 26 de setembro de 2015 en Wayback Machine., necrolóxica no blog da editorial Xerais, 24 de setembro de 2015.
  3. O cangués Héitor Mera lerá a primeira tese en galego na historia da UNED, nova en La Voz de Galicia o 10 de xuño de 2009.
  4. Manuel Rodríguez Alonso, entrada no blog "Bretemas", xestionado por Manuel Bragado, director de Xerais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]