Høgnorsk
O Høgnorsk («alto noruegués») é un termo que abrangue as variedades da normativa Nynorsk da lingua norueguesa que rexeitan as máis das reformas oficiais que se viñeron introducindo desde a creación da variante Landsmål. A meirande parte das variedades do Høgnorsk acepta as reformas iniciais que eliminaron algunhas letras mudas de orixe etimolóxica; porén manteñen a maior parte da gramática do Landsmål intacta.
O profesor Torleiv Hannaas é xeralmente considerado o creador do termo Høgnorsk, que introduciu nun artigo do 1922, Høgnorsk eller flatnorsk?. Empregouno analogamente ao termo Alto alemán (Hockdeutsch), salientando o feito de que Ivar Aasen, creador da ortografía Nynorsk, dese unha importancia especial aos dialectos das áreas montañosas do centro e oeste de Noruega, e non aos dialectos das zonas baixas do leste de Noruega, ás que Hanaas chamou flatnorsk (Noruega plana, análogo a Plattdeutsch).
O movemento Høgnorsk naceu da oposición á política oficial Samnorsk, que pretendía unificar a variedade Nynorsk coa outra variedade principal de noruegués, o Bokmål. Estas reformas foron feitas entre o 1938 e o 1959. Ao primeiro, houbo certa resistencia a estas reformas, mais o estándar que resultou está bastante aceptado. O Høgnorsk ten o apoio da Ivar Aasen-sambandet e os activistas da Målmannen, mais ten poucos usuarios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Høgnorsk eller flatnorsk?".
- Mållekken Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine., unha wiki en Høgnorsk.
- Høgnorskportalen sambandet.no, unha páxina de recursos con centos de artigos escritos en Høgnorsk.
- Tidskriftet Målmannen, unha revista que promociona a lingua Høgnorsk.
- Norsk Formlæra, unha gramática do Høgnorsk.
- Norsk Ordlista, un dicionario de Høgnorsk.