Saltar ao contido

Torleiv Hannaas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTorleiv Hannaas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1874 Editar o valor en Wikidata
Hornnes, Noruega (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Fana, Noruega (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oslo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, filólogo, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Bergen Editar o valor en Wikidata

Torleiv Hannaas, nado o 14 de xullo de 1874 en Horrnes e finado o 19 de novembro de 1929, foi un filólogo noruegués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Horrnes nunha familia de labregos; os seus pais foron Thomas Nilsson Hannaas (1843-1915) e Anne Tolleivsdotter Vetrhus (1845-1944). En 1906 casou coa mestra Ingerd Yttreland (1879-1954). A súa filla casou co banqueiro Erik Hils Hauge. Torleiv Hannaas finou en novembro de 1929 en Fana.

Foi profesor no Museo Bergen en 1918. As súas publicacións máis importantes foron Norske bygder I (1921) e Norske bygder II (1926), que tratan dos dialectos de Setesdal e Vest-Agder. Fundou a Norsk Aarbok en 1920, e adoita ser considerado o precursor no uso do termo Høgnorsk, que apareceu nun artigo seu do ano 1922. Foi o presidente do Noregs Mållag desde o 1926 ata a súa morte.