HMS Galatea (1914)
HMS Galatea | |
---|---|
HMS Galatea | |
Historial | |
Estaleiro | William Beardmore and Company |
Clase | Arethusa |
Tipo | cruceiro lixeiro |
Posta en grella | 9 de xaneiro de 1913 |
Botado | 14 de maio de 1914 |
Asignado | decembro de 1914 |
Destino | vendido para o despedazamento o 25 de outubro de 1921 |
Características xerais | |
Desprazamento | 3.500 t |
Eslora | 133 m |
Manga | 12 m |
Calado | 4,1 m |
O HMS Galatea foi un cruceiro lixeiro da clase Arethusa pertencente á Royal Navy británica. Foi botado o día 14 de maio de 1914 nos estaleiros William Beardmore and Company.
Foi asignado como líder do 2 escuadrón de destrutores da Harwich Force, protexendo as aproximacións do leste da canle da Mancha. O 4 de maio de 1916 tomou parte do derribo do cepelín L 7. Na batalla de Xutlandia foi o buque insignia do 1º escuadrón de cruceiros lixeiros baixo o mando do comodoro E.S. Alexander-Sinclair. Foi o primeiro barco en informar da presenza de buques alemáns, iniciando a batalla. O Galatea foi tamén o primeiro en recibir un impacto no enfrontamento, por un disparo realizado dende o cruceiro lixeiro SMS Elbing que non produciu ningún estoupido.
O Galatea foi parte da pantalla de barcos organizada ao redor da forza de cruceiros de batalla baixo o mando do almirante Beatty. Foi enviado na compañía do seu irmáns HMS Phaeton para investigar a un barco mercante parado, o danés N J Fiord. Ao mesmo tempo, dous destrutores, os B-109 e B-110 dos grupos alemáns de exploración baixo o mando do almirante Franz von Hipper, foron enviados a investigar o barco. As dúas pequenas frotas eran conscientes de que estaban a menos de 80 quilómetros de distancia.
Foi vendido para o despezamento o 25 de outubro de 1921. O monte Galatea en Alberta, Canadá, foi chamado así polo barco.