Hadrián VII
Aparencia
Hadrián VII | |
---|---|
Título orixinal | Hadrian the Seventh |
Autor/a | Frederick Rolfe |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Irmás Cartoné |
Data de pub. | 1904 2014 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 424 |
ISBN | ISBN 978-84-942570-1-8 (gl) |
Tradución | Celia Recarey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hadrián VII[1] (en inglés: Hadrian the Seventh) é unha novela de 1904 escrita por Frederick Rolfe, quen a escribiu baixo o pseudónimo "Baron Corvo".[2] A obra máis coñecida de Rolfe, esta novela desenvólvese a partir dun artigo que escribiu no conclave para elixir o sucesor do papa León XIII. O limiar introdúcenos a George Arthur Rose (un dobre transparente do propio Rolfe): un candidato fracasado de sacerdote que renegou da súa vocación por mor das maquinacións da arquitectura eclesiástica da Igrexa católica, e que agora vive só co seu gato amarelo.
Foi traducida ó galego por Celia Recarey[3] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2014.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hadrián VII. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2014. ISBN 978-84-942570-1-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Symons, A J A (1993). The Quest for Corvo. Quartet. p. 304. ISBN 978-0704301979.
- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "Hadrián VII, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 11 de abril de 2019.