Halo 4: Forward Unto Dawn
Halo 4: Forward Unto Dawn | |
---|---|
Formato | Serie web de acción |
Creado por | Aaron Helbing Todd Helbing |
Desenvolvido por | Microsoft Studios, 343 Industries, Herzog and Company, Legacy Effects, Arc Productions, Blacklist |
Dirixido por | Stewart Hendler |
Intérpretes | Tom Green Anna Popplewell Enisha Brewster Osric Chau Kat De Lieva Daniel Cudmore Mike Dopud Masam Holden Ayelet Zurer Iain Belcher |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 5 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Josh Feldman Lydia Antonini |
Localización(s) | Vancouver |
Duración | 15 minutos |
Distribuidor | Machinima Prime |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | YouTube Halo Waypoint |
Formato de imaxe | 1080p |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 2012 |
Derradeiro episodio | 2 de novembro de 2012 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Halo 4: Forward Unto Dawn é unha serie web de ciencia ficción ambientada no universo de Halo. Forward Unto Dawn consiste en 5 episodios de 15 minutos de duración estreados semanalmente dende o 5 de outubro de 2012, que foi máis tarde estreado como un único filme en DVD e Blu-ray. A serie produciuse como promoción do videoxogo Halo 4, nun intento de incrementar os usuarios da saga Halo e como un primeiro paso cara a un potencial filme de Halo. Foi escrito por Aaron Helbing e Todd Helbing, e dirixido por Stewart Hendler. Forward Unto Dawn foi rodado en Vancouver durante 25 días do mes de maio de 2012, e contou cun orzamento de $10 millóns.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción de Halo 4: Forward Unto Dawn ten lugar 20 anos antes dos feitos narrados en Halo 4. A historia está protagonizada por un pelotón de mozos soldados da United Nation Space Command (UNSC). A historia segue ó cadete Thomas Lasky, nunha academia militar do século XXVI que é atacada polo Covenant, unha alianza relixiosa de alieníxenas. Lasky non está seguro do seu futuro como militar pero sente a presión de seguir os pasos da súa nai e irmán máis vello. Lasky e os seus compañeiros de academia son rescatados por Master Chief e, despois da morte da súa moza Chyler Silva, Lasky é inspirado polo Chief a tomar a iniciativa e axudalo a salvar ós outros superviventes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Green como Thomas Lasky
- Anna Popplewell como Chyler Silva
- Enisha Brewster como Abril Orenski
- Osric Chau como Junjie Chen JJ
- Kat De Lieva como Dimah Tchakova
- Iain Belcher como Walter Vickers
- Masam Holden como Michael "Sully" Sullivan
- Daniel Cudmore como Master Chief Petty Officer John-117
- Mike Dopud como Xeneral Black
- Ayelet Zurer como Coronel KL Mehaffey
- Jill Teed como Coronel Lasky