Hana Rahma
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1960 (64 anos) Aynata, Líbano (en) |
Bispo diocesano | |
14 de marzo de 2015 – ← Saman Atala Diocese: Maronite Catholic Eparchy of Baalbek-Deir El-Ahmar (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2015–), sacerdote católico (1990–) |
Consagración | Bixara Pedro al-Rai |
Hana Rahma[1][2] (en árabe: حنّا رحمه), nado en Ainata (Líbano) o 18 de xullo de 1960, é un bispo e relixioso católico maronita, dende 2015 bispo de Balbik - Dair al-Ahmar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou na orde dos baladitas o 6 de agosto de 1979, facendo os votos solemnes o 6 de agosto de 1989. O 29 de xullo de 1990 foi ordenado sacerdote da orde.
O Sínodo da Igrexa maronita reunido do 10 ao 14 de marzo de 2015 elixiuno bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. O papa Francisco deu a súa aprobación o 20 de xuño de 2015. Foi consagrado bispo polo patriarca Bixara Pedro al-Rai o 1 de agosto, e os seus co-consagradores principais foron os seus predecesores Saman Atala e Bulus Munxid al-Haxim.