Hans Martin Sutermeister
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1907 Schlossrued, Suíza |
Morte | 4 de maio de 1977 (69 anos) Basilea, Suíza |
Lugar de sepultura | Friedhof am Hörnli (pt) |
Gemeinderat of Bern (en) | |
Membro do Gran Consello do Cantón de Berna | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Basilea |
Actividade | |
Campo de traballo | Médico |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | político, psiquiatra, escritor médico, novelista, escritor, médico escritor, médico |
Partido político | Alianza dos Independentes Partido Suízo do Traballo |
Membro de | |
Hans Martin Sutermeister, nado en Rued o 29 de setembro de 1907 e finado en Basilea o 4 de maio[1] de 1977 e coñecido baixo o pseudónimo Hans Moehrlen, foi un controvertido médico, escritor e político suízo, pertencente á Alianza dos Independentes.
Publicou máis de 150 artigos e libros en diversas áreas (Medicina, Historia, Educación, Dereito). O seu único libro non-científico foi a súa novela autobiográfica Zwischen zwei Welten (“Entre dous mundos”), publicada en 1942 e prohibida en Alemaña nazi.[2] Foi coñecido como defensor dos dereitos de vítimas de detencións arbitrarias, tema sobre o cal publicou en 1976 Summa Iniuria, unha compilación de centenas de erros xudiciais. É coñecido por ter acuñado os termos Angst- e Erholungsregression, así como polas súas contribucións no eido da psicosomática, especialmente pola súa obra Schiller als Arzt (1955). Morreu por causa de insuficiencia cardíaca en 1977.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Burgerbibliothek Bern Online Archive Catalogues - Sutermeister, Hans Martin" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2015.
- ↑ Fredi Lerch: Depoimento precoce de não-conformismo suíço. Revista Espaço Acadêmico, v. 11, n. 134 (2012), p. 181-183. (en portugués)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Martin Sutermeister |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lüscher, Liselotte (1997). Geschichte der Schulreform in der Stadt Bern von 1968 bis 1988: Eine Analyse des Vorgehens und der Widerstände. Peter Lang AG. ISBN 978-3-906754-67-3.
- Willy Keller (editor) (1952). Schweizer Biographisches Archiv. EPI Verlag Internationaler Publikationen.