Saltar ao contido

Hans von Bülow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHans von Bülow

(1889) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hans Guido von Bülow Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1830 Editar o valor en Wikidata
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1894 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Ohlsdorf (pt) Traducir, V22 (1-8) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de orquestra, interpretación de piano e música Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, director de orquestra, pianista, profesor de música Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKlindworth-Scharwenka Conservatory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFriedrich Wieck (pt) Traducir e Franz Liszt Editar o valor en Wikidata
AlumnosKarl Heinrich Barth (pt) Traducir, Agathe Backer Grøndahl, Asger Hamerik (pt) Traducir, Lothar Kempter, Sophie Menter, José Viana da Mota (pt) Traducir e Clara Kathleen Rogers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCosima Wagner (1859–1869)
Marie von Buelow Editar o valor en Wikidata
FillosDaniela von Bülow
 () Cosima Wagner
Blandine Gravina
 () Cosima Wagner Editar o valor en Wikidata
PaisKarl Eduard von Bülow Editar o valor en Wikidata  e Franciska Stoll Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsidora von Bojanowski Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX868160 Musicbrainz: a9bae7cd-da1e-4f01-81b1-64a13a76b367 Discogs: 3283635 IMSLP: Category:Bülow,_Hans_von WikiTree: Von_Bülow-79 Find a Grave: 66762403 Editar o valor en Wikidata

Hans Guido Freiherr von Bülow, nado o 8 de xaneiro de 1830 en Dresde (daquela no Reino de Saxonia e actualmente en Alemaña) e finado o 12 de febreiro de 1894 no Cairo (Exipto), foi un pianista, director de orquestra e compositor alemán. Foi un dos máis famosos directores do século XIX, e a súa actividade foi fundamental para o establecemento do éxito dalgúns dos compositores máis importantes da época, especialmente Richard Wagner e Johannes Brahms. Xunto con Carl Tausig, Bülow foi quizais o máis destacado dos primeiros alumnos do virtuoso pianista húngaro, director e compositor Franz Liszt. Mantivo unha relación e casou coa filla de Liszt, Cosima, que máis tarde o deixaría por Wagner. Coñecido polas súas interpretacións das obras de Ludwig van Beethoven, foi un dos primeiros músicos europeos en realizar xiras polos Estados Unidos. Foi director da Berliner Philharmoniker entre 1887 e 1893.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bülow naceu en Dresde o 8 de xaneiro de 1830, e desde os nove anos foi alumno de Friedrich Wieck (o pai de Clara Schumann). Non obstante, seus pais insistiron en que estudara leis en lugar de música e enviárono a Leipzig. Alí coñeceu a Franz Liszt, e ao escoitar un pouco da música de Richard Wagner—en concreto, a estrea de Lohengrin en 1850—decidiu ignorar os ditados dos seus pais e comezar unha carreira musical. Estudou piano en Leipzig co famoso pedagogo Louis Plaidy. En 1850 conseguiu o seu primeiro traballo como director en Zürich por recomendación de Wagner.

Notoriamente falto de tacto, Bülow alienou a moitos dos músicos cos que traballou, o que provocou o seu despido do seu traballo en Zürich, mais ao mesmo tempo comezou a gañar fama pola súa habilidade para dirixir novas e complexas composicións sen partitura. En 1851 converteuse en alumno de Liszt, e en 1857 casou coa súa filla Cosima, coa que tivo dúas fillas: Daniela, nada en 1860, e Blandine, nada en 1863. Durante os anos 1850 e principios dos 1860 estovo activo como pianista, director e escritor, e chegou a ser coñecido en toda Alemaña e Rusia. En 1857 estreou a gran Sonata para piano en Si menor en Berlín.

En 1864 converteuse en Hofkapellmeister en Múnic, sendo neste posto onde alcanzou o seu renome. Dirixiu as estreas de dúas óperas de Wagner, Tristan und Isolde e Die Meistersinger von Nürnberg, en 1865 e 1868 respectivamente; acadando ambas un grande éxito. Porén, a súa muller Cosima, que mantivera unha relación matrimonial con Wagner durante algún tempo, deixouno en 1868, levándose con ela dúas das súas catro fillas, Isolde e Eva—as dúas que eran fillas de Wagner—e en 1870 divorciouse de Bülow para casar co compositor. A pesar disto, Bülow continuou a ser un discípulo de Wagner, e nunca mostrou resentimento cara a el; mesmo, lamentou a súa morte en 1883 e seguiu a dirixir as súas obras.

En 1867 Bülow converteuse en director da reaberta Königliche Musikschule de Múnic. Alí impartiu clases de piano ao xeito de Liszt. Permaneceu como director do Conservatorio ata 1869.

Ademais de defender a música de Wagner, Bülow foi un promotor da música de Brahms e Tchaikovski. Foi o solista na estrea mundial do Concerto para piano Nº 1 en Si bemol menor en Boston en 1875, nunha xornada tempestuosa deslucida pola apupada, as interrupcións e os insultos. Tamén foi un devoto da música de Frédéric Chopin; ocorréronselle epítetos para todos os Preludios Op 28,[1] mais estes teñen caído nun desuso xeral.

Foi o primeiro en tocar o ciclo completo das Sonatas para piano de Beethoven, tocándoas de memoria,[2] e realizou unha edición crítica das sonatas que aínda se imprime na actualidade.

Cartel para unha presentación da Orquestra e a Banda Militar de Hans von Bülow en Chicago.

De 1878 a 1880 foi Hofkapellmeister en Hannover, mais foi forzado a marchar tras unha discusión cun tenor que cantaba o papel do "Cabaleiro do Cisne [Schwan]" en Lohengrin; Bülow chamolle "Cabaleiro do Porco [Schwein]". En 1880 trasladouse a Meiningen, onde asumiu o posto equivalente, e onde logrou que a orquestra fora unha das mellores de Alemaña; entre outras demandas, insistiu en que os músicos aprenderan todas as súas partes de memoria.

Foi durante os cinco anos que pasou en Meiningen onde coñeceu a Richard Strauss (aínda que realmente se coñeceron en Berlín). A súa primeira impresión do novo compositor non foi favorable, mais mudou a súa opinión cunha mostra do "Serenade" de Strauss. Máis tarde empregou a súa influencia para darlle a Strauss o seu primeiro traballo fixo como director.[3] Como Strauss, Bülow foi atraído polas ideas de Max Stirner, a quen supostamente coñecera en persoa. En abril de 1892, Bülow cerrou a súa última interpretación coa Berliner Philharmoniker (onde ocupara o posto de Director Principal dende 1887) cun discurso "exaltando" as ideas de Stirner. Xunto con John Henry Mackay, o biógrafo de Stirner, colocou unha placa na última residencia de Stirner en Berlín.[4]

Algunha das súas innovacións orquestrais inclúen a adición do contrabaixo de cinco cordas e o timbal con pedal, estes últimos téñense convertido en instrumentos convencionais nas orquestras sinfónicas. As súas interpretacións precisas, sensibles, e profundamente musicais convertérono no prototipo dos directores virtuosos que florecieron posteriormente. Foi tamén un xornalista musical astuto e enxeñoso.

A finais dos anos 1880 estableceuse en Hamburgo, aínda que seguiu realizando xiras, tanto dirixindo como tocando o piano.

Hans von Bülow sufría dores de cabeza crónicos que eran causados por un tumor nos nervios radiculares cervicais.[5] Despois de 1890 a súa saúde mental e física empeorou, e procurou un lugar máis cálido e seco para recuperarse. Morreu nun hotel no Cairo (Exipto) o 12 de febreiro de 1894, tan só dez meses despois do seu último concerto.

Estreas destacadas

[editar | editar a fonte]

Como director

[editar | editar a fonte]

Como pianista

[editar | editar a fonte]

Composicións

[editar | editar a fonte]
  • 6 Lieder, Op. 1
  • Rigoletto-Arabesken, Op. 2
  • Mazurka-Impromptu. Op. 4
  • 5 Lieder, Op. 5
  • Invitation à la Polka, Op. 6
  • Rêverie fantastique, Op. 7
  • Ciclo de cancións Die Entsagende, Op. 8
  • Overtura e Marcha para a obra de Shakespeare Julius Caesar, Op. 10
  • Ballade, Op. 11
  • Chant polonais (after F. H. Truhn), Op. 12
  • Mazurka-Fantasie, Op. 13
  • Elfenjagd. Impromptu, Op. 14
  • Des Sängers Fluch, Balada para orquestra, Op. 16
  • Rimembranze dell'opera Un ballo in maschera, Op. 17
  • Trois Valses caractéristiques, Op. 18
  • Tarantella, Op. 19
  • Nirvana: symphonisches Stimmungsbild, Op. 20
  • Il Carnevale di Milano, piano, Op. 21
  • Vier Charakterstücke, orquestra, Op. 23
  • Dous Romances, Op. 26
  • Lacerta. Impromptu, Op. 27
  • Königsmarsch, Op 28
  • 5 Gesänge (para coro mixto), Op. 29
  • 3 Lieder von August Freiherrn von Loen, Op. 30

Transcricións para piano

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Franz Lachner
 Director musical da Bayerische Staatsoper 
1867 - 1869
Sucesor:
Franz Wüllner
Predecesor:
Ludwig von Brenner
 Director musical da Berliner Philharmoniker 
1887 - 1892
Sucesor:
Arthur Nikisch
  1. "ChopinMusic.net". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 01 de agosto de 2013. 
  2. Carnegie Room Concerts Arquivado 25 de abril de 2012 en Wayback Machine.; o seguinte pianista en facelo foi Artur Schnabel en 1927.Naxos Arquivado 25 de abril de 2012 en Wayback Machine.
  3. Marek, George R. (1967). Richard Strauss - The Life of a Non-Hero. London: Gollancz. p. 52. ISBN 0-575-01069-X. 
  4. Charles Dowell Youmans, Richard Strauss's Orchestral Music and the German Intellectual Tradition, Indiana University Press, 2005, p 91; A historia de Büllow narrada por Stirner do podio de director é tamén descrita por Alex Ross, crítico musical de The New Yorker en "Beethoven Unbound", por Alex Ross, The New Yorker, Oct. 22, 2001; A participación de Hans von Bülow na colocación dunha placa conmemorativa na súa derradeira residencia en Stirner en New York Times Saturday Review of Books artigo en Stirner, "Ideas of Max Stirner", por James Huneker, New York Times Saturday Review of Books, Abril, 1907
  5. Wöhrle J, Haas F, "Hans von Bülow: Creativity and Neurological Disease in a Famous Pianist and Conductor", in Bogousslavsky J, Hennerici MG (eds): Neurological Disorders in Famous Artists - Part 2. Front Neurol Neurosci. Basel, Karger, 2007, vol 22, pp 193-205

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ludwig von Brenner
 Director principal, Berliner Philharmoniker 
18871892
Sucesor:
Arthur Nikisch