Atol Hao
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Hao | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 720 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Hao é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 920 km ao leste de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol de forma alargada, de 50 km de longo e 14 km de ancho. A superficie total é de 47 km², e a altitude máxima é de 3 m. A lagoa é unha das máis grandes da Polinesia Francesa, con 720 km², que só se abre ao océano por un único paso onde se producen fortes correntes.
O clima é marítimo, onde unha temperatura que oscila entre 23 e 32 °C ao longo do ano. A ausencia de relevo fai que os ventos alisios afasten as nubes e, polo tanto, as precipitacións son relativamente moderadas.
A vila principal é Otepa, e a poboación, cun forte incremento demográfico (de 194 habitantes en 1962 a 1.582 habitantes no censo do 1996) desde que se estableceu a base do Centro de Experimentación do Pacífico (CEP) para as probas nucleares. As infraestruturas construídas nos últimos anos son importantes: un aeroporto cunha pista de 3.380 m, un porto de carga, unha estrada de 15 km, desalinizadoras, xeradores eléctricos e un hospital militar.
Como curiosidade, dispón dun campo de golf cun dos percorridos máis duros do mundo. A saída atópase nun illote e a chegada noutro. Unha barca co fondo de cristal axuda aos xogadores a atopar as pelotas perdidas. O par do percorrido de 18 buracos, é de 312.
Historia
[editar | editar a fonte]Hao foi descuberto no 1606 por Pedro Fernández de Quirós, que o chamou A Conversión de San Pablo. Pola súa forma alargada Louis Antoine de Bougainville chamouna o Arpa (A Harpe) e James Cook, o Arco (Bow Island).
En Hao estableceuse a base avanzada do Centro de Experimentación do Pacífico (CEP) para os ensaios nucleares. Entre 1963 e 1965 construíronse grandes infraestruturas que servían de ponte aérea e marítimo para desembarcar material nos atois de Mururoa e Fangataufa. En xuño de 2000 retiráronse as forzas armadas do atol. As infraestruturas pasaron ao goberno territorial que pretende aproveitalas para desenvolver o turismo ante a incerteza do futuro económico do atol.