Louis Antoine de Bougainville
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Louis Antoine de Bougainville, conde de Bougainville, nado en París o 12 de novembro de 1729 e finado o 20 de agosto de 1811, foi un militar e navegante francés que fixo a primeira circunnavegación francesa e destacou pola súa descrición de Tahití.
Á súa memoria bautizouse a illa Bougainville no arquipélago das Salomón, e a planta buganvílea que descubriu en América do Sur.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Era fillo dun notario e empezou a estudar leis. Aos vinte e tres anos publicou un tratado de cálculo integral como suplemento do tratado de l'Hôpital sobre o cálculo infinitesimal.
En 1753 entrou no exército e é destinado ao Canadá como axudante de campo do marqués de Montcalm. Participou en diferentes batallas ata que foi ferido e volveu a Francia co propósito de obter reforzos militares. Nunha soada discusión, o duque de Choiseul, que quería desentenderse do Canadá, díxolle «cando a casa quéimase, un non se ocupa dos cortellos». Bougainville respóndelle: «polo menos, señor, non se poderá dicir que vostede fala como un cabalo». Isto atraeu a atención de Madame de Pompadour de quen acabaría sendo o protexido, preséntao ao rei e noméano coronel. De volta ao Canadá participou na defensa do Quebec e foi dos oficiais que asinaron a rendición ante os ingleses.
Viaxe de circunnavegación
[editar | editar a fonte]Bougainville pasouse á mariña e presenta un proxecto de expedición no que se encarga dos gastos financeiros creando a Compañía de Saint-Malo. Bougainville encárgase da misión de entregar as illas Malvinas aos españois e quere aproveitar a viaxe para explorar terras colonizables no Pacífico. A expedición conta cun equipo científico formado polo astrónomo Véron e o naturalista Philibert Commerson.
En 1766 Bougainville parte de Brest con dous barcos: Boudese e L'Étoile. No Brasil, Commerson descobre a planta buganvílea que bautiza en honra ao capitán. Logo de facer escala nas Malvinas visita Tahití en abril de 1768 sen saber que meses antes fora descuberta polo inglés Samuel Wallis. En marzo de 1769 completa a primeira circunnavegación francesa volvendo a Saint-Malo perdendo tan só a sete homes dun total de douscentos. Entre a tripulación había tamén a primeira muller que deu a volta ao mundo. Era Jeanne Baré que se disfrazou de home como axudante do naturalista Commerson. Ninguén descubriu o engano ata que chegaron a Tahití e descubrírono os nativos.
O relato da súa viaxe, Voyage autour du monde, espertou un enorme interese polas súas descricións paradisíacas da Nova Citera, o xardín do Edén ou os Campos Elisios. Describe un pobo feliz e inocente sen corrupcións nin prexuízos que provocaron unha serie de pensamentos filosóficos e utópicos sobre a civilización. Denis Diderot escribe o Suplemento á viaxe de Bougainville onde fai unha revisión do bo salvaxe de Rousseau.
Ruta da viaxe
[editar | editar a fonte]- Brest, 5 de decembro de 1766
- Malvinas, Río de Xaneiro, Montevideo
- Archipel Dangereux (Tuamotu), 21 de marzo de 1768,
- Îles Boubon, hoxe en día illas da Sociedade
- Îles des Navigaters, hoxe en día illas Samoa, 3 de maio
- l'Enfant Perdu, hoxe en día illas Hoorn en Wallis e Futuna
- Archipel des Grandes Cyclades, Vanuatu
- Aurore (Maéwo), Pentecóte, îles des Lepreux (Aoba)
- Illas Salomón
- Vella Lavella, Choiseul, Bougainville
- Papúa Nova Guinea
- Archipel de la Louisiade, Nova Bretaña, Nova Irlanda
- Xava, 28 de setembro de 1768
- Saint-Malo, 16 de marzo de 1769
Barcos e tripulación
[editar | editar a fonte]Boudeuse | Étoile | |
---|---|---|
Tipo de barco | Fragata | Urca |
Desprazamento | 550 toneladas | 480 toneladas |
Eslora | 40 m | 33,8 m |
Tripulación | 11 oficiais e 203 homes
(mortos: 7) || align="center" |8 oficiais e 108 homes(1) (mortos: 2) | |
Comandante | Louis-Antoine de Bougainville
(capitán de navío) || align="center" |F. Chesnard da Giraudais (capitán de fragata) | |
Lugartenente | Pierre-Nicolas Duclos-Guyot
(capitán de fragata) || align="center" |J.L. Caro l'Ainé (tenente de navío) | |
Naturalista | Philibert Commerson
(desembarcado na illa de Francia) | |
Cirurxián | L.C. Pórtea | F.Vivès
(desembarcado na illa de Francia) |
Astrónomo | C.F.P.
Véron | |
Pasaxeiro | príncipe de Nassau-Siegen | |
(1) Cando se descobre que Jeanne Baré, axudante de Commerson, é unha muller trasládase á Boudeuse |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis Antoine de Bougainville |