Happy Songs for Happy People
Happy Songs for Happy People | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mogwai | ||||
Publicado | 17 de xuño de 2003 | |||
Estudio(s) | Cava Studios, Glasgow | |||
Duración | 41:50 | |||
Xénero(s) | post-rock | |||
Selo(s) | Play It Again Sam, Matador | |||
Produtor | Tony Doogan | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Happy Songs for Happy People é o cuarto álbum da banda escocesa de post-rock Mogwai, publicado o 17 de xuño de 2003 a través dos selos Play It Again Sam e Matador Records. Representa unha evolución do son do grupo, máis electrónico desta volta: todos os temas están baseados en guitarras eléctricas e baterías, pero usan frecuentemente sintetizadores que ás veces teñen o protagonismo das cancións, con cordas e piano aparecendo tamén ocasionalmente. As cancións do disco son moderadas, coas únicas excepcións de "Ratts of the Capital", e "Stop Coming to My House", encargada de pechar o traballo.
O vocalista habitual de Mogwai, Stuart Braithwaite, non canta neste álbum. Barry Burns ("Hunted by a Freak", "Killing All the Flies") e John Cummings ("Boring Machines Disturbs Sleep") encárganse das voces, aínda que case todas están fortemente procesadas e son case incomprensibles.
O CD tamén contén unha versión demo de Cubase e a pastas por separado de cada instrumento de "Hunted by a Freak", permitindo remesturar e reconstruír a canción.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Mogwai.
- "Hunted by a Freak" – 4:18
- "Moses? I Amn't" – 2:59
- "Kids Will Be Skeletons" – 5:29
- "Killing All the Flies" – 4:35
- "Boring Machines Disturbs Sleep" – 3:05
- "Ratts of the Capital" – 8:27
- "Golden Porsche" – 2:49
- "I Know You Are but What Am I?" – 5:17
- "Stop Coming to My House" – 4:53
- Canción extra da edición xaponesa
- "Sad DC" - 4:34