Harald Høffding
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1843 ![]() Copenhague, Dinamarca ![]() |
Morte | 2 de xullo de 1931 ![]() Copenhague, Dinamarca ![]() |
Reitor Universidade de Copenhague | |
1902 – 1903 ← Vilhelm Thomsen (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Strandgade ![]() |
Educación | Universidade de Copenhague ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, teólogo, profesor universitario, autobiógrafo, psicólogo ![]() |
Empregador | Universidade de Copenhague ![]() |
Partido político | Radikale Venstre ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Niels Frederik Høffding ![]() |
Irmáns | Theodor Høffding Victor Høffding Otto Høffding ![]() |
Parentes | Wassily Hoeffding, sobriño neto ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гёффдинг Харальд) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Harald Høffding, nado en Copenhague o 11 de marzo de 1843 e finado ibídem o 2 de xullo de 1931, foi un filósofo danés.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou filosofía e teoloxía e obtivo o doutoramento en 1870 coa tese Dean antike Opfattelse af Menneskets Villie (A concepción entre os antigos da vontade do home). En 1880 foi nomeado profesor extraordinario e en 1883 profesor ordinario de filosofía na Universidade de Copenhague, da que foi reitor o curso 1902-03.
Na súa obra foi influído por Søren Kierkegaard pero decantouse despois polo positivismo. Foi un autor moi prolífico con numerosos libros e artigos; tamén sobre ética, psicoloxía, e filosofía da relixión. Entre eles, tamén publicou estudos sobre outros autores como Kierkegaard, Jean-Jacques Rousseau, Henri Bergson (que lle respondeu cunha carta) ou Baruch Spinoza.
A súa obra foi traducida ao alemán e ao inglés, difundíndose por Europa. Entre os libros máis coñecidos está a historia da filosofía Dean nyere Filosofes Historie.
Publicacións
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Fil%C3%B3sofos_contempor%C3%A1neos%2C_de_Harald_H%C3%B8ffding%2C_1909.jpg/220px-Fil%C3%B3sofos_contempor%C3%A1neos%2C_de_Harald_H%C3%B8ffding%2C_1909.jpg)
- Den engelske Filosofi i vor Tid (1874)
- Etik (1876)
- Psykologiske Undersøgelser (1889)
- Charles Darwin (1889)
- Psychologi i Omrids paa Grundlag af Erfaring (1892)
- Kontinuiteten i Kants filosofiske Udviklingsgang (1893)
- Den nyere Filosofis Historie, en Fremstilling af Filosofiens Historie fra Renaissancens Slutning til vore Dage (1894–1895, 2 dele)
- Det psykologiske Grundlag for logiske Domme (1899)
- Mindre Arbejder (1899)
- Rousseau und seine Philosophie (1901)
- Religionsfilosofi (1901)
- Filosofiske Problemer« (1902),
- Moderne Filosofer (1904),
- Mindre Arbejder, II Rk. (1905),
- Lehrbuch der Geschichte der neueren Philosophie (1907),
- Danske Filosofer (1909),
- Religion og Videnskab (1910),
- Den menneskelige Tanke, dens Former og dens Opgave (1910),
- Personlighetsprincipen i Filosofin (1911),
- Mindre Arbejder«, III Rk. (1913),
- Henri Bergson's Filosofi (1914),
- Totalitet som Kategori (1917),
- Spinoza's Ethica. Analyse og Karakteristik (1918),
- Ledende Tanker i det nittende Aarhundrede (1920),
- Den store Humor (1923),
- Erindringer (1928)
- Ferdinand Tönnies – Harald Höffding. Briefwechsel (toim. Cornelius Bickel/Rolf Fechner, Berliini 1989)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caio Souto (2015). Apresentação de Harald Høffding p. 142-143, en Ipseitas, vol. 1, n. 2 Universidade Federal de São Carlos (en portugués).
- Jørgen Jørgensen: "Harald Høffding" en: Will Durant: Store Tænkere, traducido e editado por Krista e Jørgen Jørgensen; Copenhague 1952; pp. 368–383 (en dinamarqués).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harald Høffding ![]() |