Saltar ao contido

Eloy Luís André

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEloy Luís André

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1876 Editar o valor en Wikidata
Mourazos, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo, escritor, profesor de ensino secundario, filósofo, autor Editar o valor en Wikidata
AlumnosRafael Lapesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeM.ª Francisca Romero Editar o valor en Wikidata
FillosM.ª dos Anxos (1919)
Anxo (1922) [1] Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario enciclopédico galego universal Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 42195 BNE: XX4889771 BUSC: luis-andre-eloy-1876-1935

Eloy Luís André,[a] nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do médico de Vilardevós Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.[1] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento (1901-1902), e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o Instituto de Ourense.[1]

En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en Francia, Bélxica e Italia, ano no que publicou o seu primeiro libro El histrionismo español: ensayo de psicología política.[3] En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, so cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Retornou a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de Metafísica da Universidade Central, que finalmente gañou José Ortega y Gasset. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do ensino secundario en Francia, Bélxica e Prusia.[1]

En 1914 pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1917 casou con María Francisca Romero, natural de Xinzo de Limia. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos. En 1919 e 1922 naceron os fillos, María dos Anxos e Anxo. Morreu en 1935 por un cancro hepático. Os seus restos foron trasladados de Madrid a Vilardevós en 2001.[1]

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Listaxe de publicacións

[editar | editar a fonte]
Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura.[4]
  • El histrionismo español: ensayo de psicología política. Barcelona. 1906.[3]
  • Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[5]
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[6]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[7]
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[8]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.[9]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.[10]
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1919.[10]
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[11]
  • Nociones de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.[10]
  • Resumen de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1924.[12]
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[13]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1925.[14]
  • El ferrocarril del Príncipe de Asturias. Madrid. 1926.[15]
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[16]
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1928.[17]
  • Rudimentos de Derecho español. Madrid. 1929.[18]
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.[10]
  • Psicología experimental. Madrid. 1931.[19]
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[20]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos. Madrid. 1931.[4]
Placa dunha rúa de Vilardevós.
Obras colectivas
  • Velada en honor de Benito Espinosa. Madrid. 1930.[21]
Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[b], 1908.[10]
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.[22]
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.[23]
  • La vida. Su valor y su significación, de Rodolfo Eucken, 1912.[10]
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[10]

Outros aspectos

[editar | editar a fonte]

O escritor galego Silvio Santiago realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos na súa novela autobiográfica Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Luís é apelido, aínda que sempre foi coñecido como André.
  2. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]