Harry Patch (In Memory Of)
«Harry Patch (In Memory Of)» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Radiohead | |||||
Lanzamento | 5 de agosto do 2009 | ||||
Formato | descarga | ||||
Gravada | 2009 | ||||
Xénero musical | música clásica | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 5:33 | ||||
Discográfica | auto-editado | ||||
Produtor(es) | |||||
Escritor(es) | Radiohead | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Harry Patch (In Memory Of)" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. O grupo compuxo e gravou o tema como tributo ao supercentenario británico Harry Patch, o derradeiro soldado vivo que loitou nas trincheiras da primeira guerra mundial. A canción foi auto-editada o 5 de agosto do 2009 como sinxelo descargable e vendido por 1 libra na páxina web de Radiohead. Todos os cartos gañados foron doados á organización caritativa The Royal British Legion.
Gravada nunha abadía pouco despois da morte de Patch, o tema consiste na voz Thom Yorke e un arranxo de cordas composto por Jonny Greenwood, sen a típica instrumentación de Radiohead que mestura rock e electrónica. A familia Patch aprobou a mensaxe da canción e o uso caritativo dos beneficios.