Hattie McDaniel
(1939) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1893 Wichita, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de outubro de 1952 (59 anos) Woodland Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de mama |
Lugar de sepultura | Angelus-Rosedale Cemetery (en) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | East High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, humorista, fundraiser (en) , actriz de televisión, compositora, música, cantautora, filántropa |
Período de actividade | 1932 - 1949 |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Selo discográfico | Okeh |
Familia | |
Irmáns | Sam McDaniel Etta McDaniel |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
|
Hattie McDaniel, nada en Wichita (Kansas) o 10 de xuño de 1895 e finada nos Ánxeles (California) o 26 de outubro e 1952, foi unha actriz e cantante estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de antigos escravos, foi a máis nova de trece irmáns. O seu pai, Henry McDaniel, loitou na guerra civil americana e a súa nai, Susan Holbert, era cantante de música relixiosa. Tras participar no espectáculo do seu irmán Otis, comezou a destacar a partir de 1920, aparecendo no grupo Melody Hounds do profesor George Morrison. A mediados da década comezou tamén unha carreira como cantante na radio.
Tralo crac de 1929 o único traballo que atopou foi o de limpadora e camareira no Club Madrid en Milwaukee. Alí puido finalmente volver subir ao escenario. En 1931 marchou aos Ánxeles para reunirse cos seus irmáns Sam, Etta e Orlena, mais só puido traballar como cociñeira e asistenta ata que o programa de radio no que estaba o seu irmán Sam, The Optimistic Do-Nut Hour, a contratou como actriz. Interpretaba a "Hi-Hat Hattie", unha criada mandona que adoita “esquecer o seu sitio”. O programa chegou a ser moi popular, pero o seu salario era tan baixo que tiña que continuar traballando de asistenta.
Debutou no cinema en The Golden West (1932) e en 1934 ingresou na Screen Actors Guild (SAG), recibindo cada vez máis atención e papeis máis longos. Porén, tamén recibiu críticas da comunidade negar polos papeis que aceptaba e pola súa decisión de buscar traballos de forma agresiva.
A busca da actriz para interpretar a Mammy en Foise co vento estaba a ser case tan intensa como a de Scarlett O’Hara, e mesmo Eleanor Roosevelt escribiu a David O. Selznick para que contratase a súa asistenta, Elizabeth McDuffie.[1] McDaniel non tiña esperanzas pola súa reputación como actriz cómica, pero foi á audición vestida de criada e conseguiu o papel.[2] A estrea do filme foi o 15 de decembro de 1939 en Atlanta e os actores negros foron excluídos do acto, dos programas e dos carteis. Selznick intentou que lle permitisen a asistencia a McDaniel, pero a Metro-Goldwyn-Mayer desaconsellouno por mor das leis de segregación de Xeorxia. Clark Gable, amigo de McDaniel, ameazou con boicotear a estrea se ela non ía, pero McDaniel convenceuno de que asistise de todas as formas.[2]
McDaniel gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por este papel, converténdoa na primeira persoa negra en gañar un Oscar (e mesmo a primeira en ser candidata). Porén, na cerimonia tivo que sentar separada, nunha mesa para dúas persoas, apartada do resto do equipo do filme e dos membros da industria.[3]
Durante os anos seguintes, McDaniel continuou traballando no cinema, na radio e na televisión, chegando a ser a primeira persoa negra que protagonizou o seu propio programa de radio, a comedia Beulah. O programa pasou en 1951 á televisión, pero foi controvertido e mesmo o exército dos Estados Unidos deixou de emitilo en Asia porque moitos soldados consideraban que perpetuaban estereotipos raciais negativos, que non tiñan que ver coas habilidades das tropas negras para levar a cabo as súas misións.[4] Despois de rodar uns poucos episodios a McDaniel diagnosticáronlle cancro de mama e tivo que ser substituída na serie. Faleceu en 1952 aos 57 anos.
No seu testamento McDaniel escribiu que desexaba ser enterrada no Hollywood Cemetery,[5] pero o cemiterio rexeitouna pola súa raza, polo que foi soterrada na súa segunda opción, o Angelus-Rosedale Cemetery. En 1999 Tyler Cassidy, novo dono do Hollywood Cemetery ofreceu mover os seus restos ao cemiterio, pero a súa familia declinou a oferta. Porén, construíuse un gran cenotafio que se converteu nunha atracción turística.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Golden West (1932)
- Love Bound (1932)
- Impatient Maiden (1932)
- Are You Listening? (1932)
- The Washington Masquerade (1932)
- The Boiling Point (1932)
- Crooner (1932)
- Blonde Venus (1932)
- Hypnotized (1932)
- Hello, Sister (1933)
- I'm No Angel (1933)
- Merry Wives of Reno (1934)
- Operator 13 (1934)
- King Kelly of the U.S.A. (1934)
- Judge Priest (1934)
- Flirtation (1934)
- Lost in the Stratosphere (1934)
- Babbitt (1934)
- Little Men (1934)
- The Little Colonel (1935)
- Transient Lady (1935)
- Traveling Saleslady (1935)
- China Seas (1935)
- Alice Adams (1935)
- Murder by Television (1935)
- Harmony Lane (1935)
- Music Is Magic (1935)
- Another Face (1935)
- We're Only Human (1935)
- Can This Be Dixie? (1936)
- Next Time We Love (1936)
- The First Baby (1936)
- The Singing Kid (1936)
- Gentle Julia (1936)
- Show Boat (1936)
- High Tension (1936)
- The Bride Walks Out (1936)
- Postal Inspector (1936)
- Star for a Night (1936)
- Valiant Is the Word for Carrie (1936)
- Libeled Lady (1936)
- Reunion (1936)
- Mississippi Moods (1937)
- Racing Lady (1937)
- Don't Tell the Wife (1937)
- The Crime Nobody Saw (1937)
- The Wildcatter (1937)
- Saratoga (1937)
- Stella Dallas (1937)
- Sky Racket (1937)
- Over the Goal (1937)
- Merry Go Round of 1938 (1937)
- Nothing Sacred (1937)
- 45 Fathers (1937)
- Quick Money (1937)
- True Confession (1937)
- Battle of Broadway (1938)
- Vivacious Lady (1938)
- The Shopworn Angel (1938)
- Carefree (1938)
- The Mad Miss Manton (1938)
- The Shining Hour (1938)
- Everybody's Baby (1939)
- Zenobia (1939)
- Foise co vento (1939)
- Maryland (1940)
- The Great Lie (1941)
- Affectionately Yours (1941)
- They Died with Their Boots On (1941)
- The Male Animal (1942)
- In This Our Life (1942)
- George Washington Slept Here (1942)
- Johnny Come Lately (1943)
- Thank Your Lucky Stars (1943)
- Since You Went Away (1944)
- Janie (1944)
- Three Is a Family (1944)
- Hi, Beautiful (1944)
- Janie Gets Married (1946)
- Margie (1946)
- Never Say Goodbye (1946)
- Song of the South (1946)
- The Flame (1947)
- Mickey (1948)
- Family Honeymoon (1949)
- The Big Wheel (1949)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Watts, Jill. Hattie McDaniel: Black Ambition, White Hollywood, Harper Collins, 2005, p. 151.
- ↑ 2,0 2,1 Harris, Warren G. (2002). Harmony, ed. Clark Gable: A Biography. ISBN 0-307-23714-1.
- ↑ W. Burlette Carter, "Finding the Oscar", pp. 115–16, citing Photograph of Guests at 12th Academy of Motion Picture Arts & Sciences Awards Banquet (1939) in Margaret Herrick Library, Special Collections
- ↑ Milton A. Smith, "Offensive to GIs, Banned: Army Drops ‘Beulah’ Show Taken Off Air After Fighters Complain", Balt. Afro-American, 17 de febreiro de 1951
- ↑ Associated Press, First black to win Oscar to get part of final wish, The Frederick Post, Frederick, MD, Monday, 25 de outubro de 1999.
- ↑ Cemeteryguide.com, ed. (24 de outubro de 1952). "The Memorial to Actress Hattie McDaniel at Hollywood Forever Memorial Park". Consultado o 25 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hopper, Hedda. "Hattie Hates Nobody". Chicago Sunday Tribune, 1947.
- Jackson, Carlton. Hattie: The Life of Hattie McDaniel. Lanham, MD: Madison Books, 1990. ISBN 1-56833-004-9
- Mitchell, Lisa. "More Than a Mammy". Hollywood Studio Magazine, abril de 1979.
- Salamon, Julie. "The Courage to Rise Above Mammyness". New York Times, 6 de agosto de 2001.
- Watts, Jill. Hattie McDaniel: Black Ambition, White Hollywood. Nova York, NY: HarperCollins, 2005. ISBN 0-06-051490-6
- Young, Al. "I’d Rather Play a Maid Than Be One". New York Times, 15 de outubro de 1989.
- Zeigler, Ronny. "Hattie McDaniel: ‘(I’d)... rather play a maid.’" N.Y. Amsterdam News, 28 de abril de 1979.