Hawa Jande Golakai
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (45/46 anos) Frankfurt, Alemaña |
Educación | Universidade de Cidade do Cabo Universidade de Stellenbosch (pt) |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora de non ficción, immunóloga |
Hawa Jande Golakai, nada en Frankfurt (Alemaña) en 1979, é unha científica e escritora liberiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Golakai pasou a súa infancia en Liberia.[1] Deixou o país como refuxiada durante a primeira guerra civil liberiana. Foi vivir a Cidade do Cabo (Suráfrica) coa intención de estudar Medicina[2] Graduouse en Ciencias pola Universidade de Cidade do Cabo en 2005, especializándose en bioloxía celular e molecular.[3]. Fixo un mestrado na Universidade de Stellenbosch en 2008[4], e despois comezou a traballar nesa universidade no departamento de Ciencias Biomédicas.[5] Traballa como inmunóloga clínica, e realizou estudos sobre a tuberculose e o VIH.[3]
Escritora
[editar | editar a fonte]A súa primeira novela, The Lazarus Effect, foi finalista en 2011 do Premio de ficción Sunday Times e do Premio de debut da Universidade de Johannesburgo, e foi seleccionada para o Premio Wole Soyinka de Literatura en Africa.[6] A súa segunda novela, The Score, foi publicada en 2015.
En 2016 publicou o texto "Fugee",[7], un relato autobiográfico sobre a crise do virus do ébola en Liberia, escolmado na antoloxía Safe House: Explorations in Creative Nonfiction, editado por Ellah Wakatama Allfrey e publicado por Cassava Republic Press co patrocinio de Commonwealth Writers.[8] Foi xurado en varios certames, como o programa Writivism en 2015,[9], o Premio de Ficción Etisalat Flash en 2015[10] e o Premio de relato do día de África 2016.[11]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En abril de 2014 foi seleccionada como unha das 39 escritoras e escritores da África subsahariana menores de 40 anos máis prometedoras, no proxecto Africa39, dentro do Hay Festival[12], e foi incluída na antoloxía Africa39: New Writing from Africa South of the Sahara, editada por Ellah Allfrey.[13][14][15] [16][17]
Obra publicada
[editar | editar a fonte]- The Lazarus Effect (Kwela Books, 2011)
- "Fugee", en Safe House: Explorations in Creative Nonfiction (Cassava Republic Press, 2016)
- "Candy Girl" en Valentine's Day Anthology 2015 (Ankara Press, 2015)
- The Score (Kwela Books, 2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Safe House: Exploring Creative Non-Fiction from Africa". Africa Writes. 31 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ Akinwotu, E. (9 de xuño de 2016). "Hawa Golakai: the Liberian scientist turned cult crime writer". The Guardian. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Kamara, M.. "Interview with Hawa Golakai, Author, The Lazarus Effect". Liberian Observer. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ Golakai, H. J. (2008). "Identification of immune correlates of natural protection against tuberculosis in a population with a high incidence of latent infection". scholar.sun.ac.za. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ von Klemperer, M. (20 de marzo 2014). "Exploring the African diaspora". The Witness. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ "Hay Festival". www.hayfestival.com. Consultado o 5 de xuño de 2016.
- ↑ Einehi, Edoro (2 de maio de 2016). "'I am Liberian, Not a virus' | Hawa Jande Golakai's Granta Essay is a Dazzling Read". Brittle Paper (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2016.
- ↑ "Cassava Republic Press — Safe House". www.cassavarepublic.biz. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016.
- ↑ "2015 Writivism Mentors". Writivism. 30 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2016.
- ↑ Oyewole, Nurudeen (20 de setembro de 2015). "Etisalat rolls out goodies for flash fiction prize, name judges". Daily Trust. Trust Media Ltd. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016.
- ↑ "The SSDA Prize". Short Story Day Africa. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016.
- ↑ Busby, M. (10 de abril de 2014). "Africa39: How we chose the writers for Port Harcourt World Book Capital 2014". The Guardian (en inglés).
- ↑ "Africa39 list of artists". Hay Festival.
- ↑ Carpenter, C. (8 de abril de 2014). "Africa39 list of promising writers revealed". The Bookseller.
- ↑ "Africa39 Authors Biographies" (PDF). Hay Festival. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de novembro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2019.
- ↑ Forbes, Malcolm. "Continental drift: Africa39, an anthology of writing from south of the Sahara, is too good to miss". thenational.ae. Consultado o 1 de novembro de 2016.
- ↑ "HJ Golakai One of Africa’s Top 39 Writers under 40" Arquivado 10 de xullo de 2019 en Wayback Machine., Daily Observer (Liberia), 27 de abril de 2014.