Heiner Müller
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Reimund Heiner Müller ![]() 9 de xaneiro de 1929 ![]() Eppendorf, Alemaña ![]() |
Morte | 30 de decembro de 1995 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Causa da morte | cancro de larinxe ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Dorotheenstadt ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, teatro, dirección teatral, dirección de cine e filme ![]() |
Lugar de traballo | Berlín ![]() |
Ocupación | dramaturgo, director de cinema, poeta, escritor, realizador ![]() |
Período de actividade | 1948 ![]() |
Partido político | Partido Socialista Unificado de Alemaña ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, obra de teatro e Prosa ![]() |
Pseudónimo literario | Max Messer ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Brigitte Maria Mayer (1992–1995) Inge Müller (1954–1966) ![]() |
Pai | Kurt Müller ![]() |
Irmáns | Wolfgang Müller ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | heinermueller.de ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Heiner Müller, nado Eppendorf (Saxonia) o 9 de xaneiro de 1929 e finado en Berlín o 30 de decembro de 1995, foi un dramaturgo e escritor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afiliouse ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED) en 1947 e serviu á Asociación de Escritores Alemáns (Deutscher Schriftsteller-Verband, DSV) desde 1954. Na década dos anos cincuenta, converteuse nun dos dramaturgos máis importantes da República Democrática Alemá e gañou o Premio Heinrich Mann en 1959.
Porén, as súas relacións co réxime xermano-oriental comezaron a deteriorarse a raíz da estrea do seu drama Die Umsiedlerin (A colona), que foi censurado en 1961 logo dunha única representación. Müller foi expulsado da Asociación de Escritores ese ano. O goberno xermano oriental mantivo as obras de Müller baixo cautela durante os anos seguintes, impedindo a estrea de Der Bau (Obra de construción) en 1965 e censurando Mauser a comezos dos setenta. Müller comezou a traballar con grupos e compañías de teatro de Alemaña Occidental durante os anos setenta e oitenta, dirixindo a estrea dalgúns dos seus traballos máis coñecidos en Múnic (Germania Tod in Berlin (Germania, Morte en Berlín), 1978), Essen (Die Hamletmaschine (Máquina Hamlet), 1979) e Bochum (Der Auftrag (A misión), 1982).
A súa fama permitiu a Müller obter outra vez unha aceptación máis extensa en Alemaña Oriental. Foi admitido na Academia das Artes da RDA en 1984 —dous anos despois de ser membro da Academia das Artes de Berlín Oeste. A pesar destas honras, non foi readmitido na Asociación de Escritores de Alemaña Oriental ata 1988, pouco antes da desaparición da RDA. Logo da caída do Muro de Berlín, Müller aínda mantivo a presidencia da Academia das Artes da RDA durante un breve período en 1990.
Os últimos cinco anos da súa vida continuou vivindo en Berlín e traballou por toda Alemaña e Europa, particularmente na produción de representacións das súas propias obras. Escribiu algúns textos dramáticos novos, e escribiu moita poesía.
En 1990 foi convocado para dirixir Tristán e Isolda de Wagner no Festival de Bayreuth. A súa única produción para o xénero lírico é un testamento da súa recia estética. Foi dirixida por Daniel Barenboim coa participación de Waltraud Meier e Siegfried Jerusalem.
Müller faleceu en Berlín Este en 1995, despois de ter obtido o recoñecemento como un dos maiores autores alemáns e o dramaturgo alemán máis importante desde Bertolt Brecht.
Entre as súas obras máis coñecidas, ademais das xa citadas, están Der Lohndrücker (A costra), Wolokolamsker Chaussee (O camiño a Wolokolamsk) Partes I-V, Verkommenes Ufer Medeamaterial Landschaft mit Argonauten (Ribeira espoliada Medea-material paisaxe con argonautas), Philoktet (Filoctetes), Zement (Cemento), Bildbeschreibung (Descrición dun cadro) e Quartett (Cuarteto).
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]- Máquina Hamlet e outras pezas, traducido ao galego en 2013, por Catuxa López Pato (Galaxia).