Helí Rolando Tella Cantos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Helí Rolando de Tella y Cantos 14 de setembro de 1888 Gomeán, España |
Morte | 9 de outubro de 1967 (79 anos) Adai, España |
Comandante en xefe | |
1937 – | |
Comandante en xefe | |
1935 – 13 de xuño de 1936 | |
Comandante en xefe | |
Actividade | |
Ocupación | militar (–1943), oficial (–1943), cabaleiro lexionario |
Carreira militar | |
Rango militar | Generale di brigata |
Conflito | guerra civil española Guerra do Rif |
Premios | |
| |
Helí Rolando Tella Cantos, nado en Gomeán (O Corgo) o 14 de setembro de 1888 e finado en Adai (O Corgo) o 9 de outubro de 1967,[1][2] foi un militar galego. Fora axudante persoal do infante Carlos de Borbón-Dos Sicilias.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Policarpo Tella Uz, labrego acomodado, e Mercedes Cantos Camacho, mestra, que finou en 1901.[4] Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo en 1907, en 1910 obtivo o despacho de 2º tenente e foi destinado a Marrocos. Participou na Guerra do Rif onde conseguiu varias condecoracións: Medalla Militar Individual (1923) e Cruz Laureada de San Fernando (1925).[5] Ascendido a Tenente Coronel, pertencía ao grupo dos militares africanistas.
Coa instauración da Segunda República Española, mostrou unha aberta hostilidade cara ao réxime. En 1932 secundou a Sanjurjada e foi desterrado a Villa Cisneros no Sáhara Español, de onde fuxiu. Amnistiado polo goberno Lerroux, mandou o primeiro terzo da Legión. Tivo que refuxiarse no Marrocos francés logo de pronunciar un discurso contra a República nun acto oficial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe dunha das agrupacións da columna Madrid ás ordes de Juan Yagüe. Participou na Batalla de Madrid, liderando os avances na fronte de Usera a as posteriores loitas na Cidade Universitaria. Nestes combates resultou ferido, quedando convalecente durante varios meses. O 17 de abril de 1938 foi ascendido a xeneral de brigada.[6] Mandou unha brigada navarra e participou coa 63 División na campaña de Aragón e Cataluña.
Ao remate da Guerra Civil era xeneral de brigada e o 12 de xullo de 1940 foi nomeado comandante da 81 División.[7] En 1941 foi nomeado gobernador militar de Burgos, cesando o 23 de xaneiro de 1942.[8] Despois foi nomeado gobernador militar de Lugo. Involucrouse en intrigas monárquicas contra Francisco Franco e no ano 1943 foi separado do exército acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai e na súa fábrica de fariña. Foi confinado en Albacete e despois en Palencia. De volta en Lugo foi vítima dun atentado que non conseguiu acabar coa súa vida, aínda que dúas persoas resultaron mortas. Conseguiu a representación dunha casa norteamericana e facía continuas viaxes a Madrid. Finou no pazo de Aldai.
Obras
[editar | editar a fonte]- Escuela y patria o la preparación al servicio militar, 1910.
- Evolución de las ideas sobre el empleo táctico y la organización del terreno para el combate, 1928.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en segundas nupcias con María de la Concepción Cabrera Benito, condesa de Amayuelas, e foi pai de María Cristina Tella Cabrera que casou con Pedro Manuel Díez Ponce de León, IX marqués de Casinas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 11-10-1967, p. 12.
- ↑ El Progreso, 11-10-1967, p. 2.
- ↑ Viana, Israel (5 de xaneiro de 2012 [actualizado o 3 de decembro de 2013]). "Los generales malditos de Franco". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2025.
- ↑ El Regional, 30-11-1906, p. 3.
- ↑ "Heli Rolando de Tella y Cantos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2025.
- ↑ BOE núm. 543 (17 de abril de 1938)
- ↑ BOE núm. 212 (12 de xullo de 1940)
- ↑ BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 402.
- Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 865–867. ISBN 84-7492-951-2.
- Isabel Sánchez, José Luis. Diccionario biográfico electrónico Real Academia da Historia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Soto, Juan (20/1/2008). "Se alquila pazo", El Progreso, (en castelán).