Helen Keller
Helen Adams Keller, nada en Tuscumbia (Alabama) o 27 de xuño de 1880 e finada en Westport (Connecticut) o 1 de xuño de 1968, foi unha escritora, conferencista e activista social estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Helen Keller quedou cega e xorda desde pícara, debido a unha doenza diagnosticada na época como febre cerebral (posiblemente foi escarlatina ou sarampelo). Malia os obstáculos, tornouse nunha das máis notábeis personalidades do século XX. Ela sentía as ondulacións dos paxaros a través das copas e pólas das árbores dalgún parque onde ela paseaba.
Deveu unha famosa escritora, filósofa e conferenciante, cun extenso traballo que desenvolveu en favor das persoas portadoras de eivas. Anne Sullivan foi a súa profesora, compañeira e protectora.
Formación e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1904 graduouse como bacharel en filosofía polo Radcliffe College. A institución agraciouna co premio Alumno Destacado no 50° aniversario da súa formación. Falaba francés, latín e alemán.
Ao longo da vida foi agraciada con títulos e diplomas honorarios de institucións como a universidade Harvard, e universidades da Escocia, Alemaña, India e Suráfrica. En 1952 foi nomeada Cabaleiro da Lexión de Honra da Francia. Foi condecorada coa Orde do Cruceiro do Sur (Brasil) e coa do Tesouro Sagrado (Xapón), entre outras.
Foi membro honorario de varias sociedades científicas e organizacións filantrópicas nos cinco continentes.
En 1902 estreouse na literatura publicando a súa autobiografía The Story of my Life. Dito libro foi traducido ao castelán por Carmen de Burgos.[1] Despois iniciou a súa carreira no xornalismo, escribindo artigos no Ladies Home Journal. A partir de entón non parou de escribir.
En 2024 a compañía de teatro Chévere estreou o espectáculo Hellen Keller, a muller marabilla?. [2][3]
Obra
[editar | editar a fonte]Nunca se debe gatear cando o impulso é voar.Helen Keller
- Optimism: An Essay
- Out of the dark: essays, letters, and addresses on physical and social vision
- The world I live in
- Light in My Darkness (publicado como My religion en 1927)
- The miracle of life
- The Story of my Life
- Peace at eventide
- The Song of the Stone Wall
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keller, Helen (1904). "Historia de mi vida, muda, sorda, ciega" (en castelán).
- ↑ Vallejo, Javier (2024-03-27). "‘Hellen Keller ¿la mujer maravilla?’, una cautivadora obra sobre la ceguera, la izquierda y la fe". El País (en castelán). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?' nunha aposta por incluír a lingua de signos no teatro". Praza Pública. 2024-02-14. Consultado o 2024-08-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Helen Keller |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Helen Keller - Lions Club
- Helen Keller international (En inglés)
- Museu online (En inglés)
- Obras dixitalizadas: en OpenLibraryGutemberg Project e Open MLOL