Helen Puputti
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1996 (28 anos) Hollola, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Right winger (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | left-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Helen Puputti, nada en Hollola o 14 de xullo de 1996, é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo, que xoga na posición de ala dereita. Dende a tempada 2019-20 defende as cores do Ilves de Tampere na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, equipo no que exerce de capitá alterna.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Puputti debutou no Pelicans 2000 da súa cidade natal, Hollola, na tempada 2011-2012 da I-divisioona feminina, como daquela se denominaba á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finés.[1][2] Comezada a tempada 2014-15 no equipo de Hollola, Puputti fichou polo KJT da Naisten SM-sarja, a máxima categoría finesa, co que disputou 16 partidos de liga regular nos que anotou un gol, e cinco partidos na serie de cualificación nos que rexistrou dous puntos (1+1), axudando ao equipo a manterse na elite do hóckey feminino finés.[1][3]
Helen Puputti xogou as seguintes tres tempadas no Brynäs IF da Svenska damhockeyligan, a liga profesional feminina de Suecia. Co equipo de Gävle xogou 106 partidos de liga regular, e seis nos play-offs. En Suecia tan só rexistrou oito puntos, 6 (3+3) na tempada 2016-17 e 2 (2+0) na tempada 2017-18, mais non conseguiu sumar ningún punto nas tres veces que o seu equipo se clasifico para as series polo título.[1]
Na tempada 2018-19 regresou a Finlandia da man do KJT antes de asinar polo Ilves a tempada seguinte, onde foi nomeada capitá alterna na súa segunda tempada e exerceu de capitá na tempada 2022-23 logo da lesión de Jenna Lehtiniemi.[1][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Helen Puputti" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ "Championnat féminin de Finlande 2011/12" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (15 de marzo de 2015). "Team Kuortane ja LL-89 huipensivat naisten SM-karsinnan - Anni Keisalan nollapeli siivitti Teamin viivan paremmalle puolelle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Seppä, Lassi (2 de maio de 2023). "Ilveksen naisten liigajoukkueen koko kapteenisto solmi jatkosopimukset". Jatkoaika.fi (en finés). Consultado o 23 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ilveksen hyökkääjä Helen Puputti: ”Kauden tavoite on voittaminen”, entrevista a Helen Puputti na canle de YouTube da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (en finés)