Helena Resano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1974 ![]() Pamplona, España ![]() |
Educación | Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de novas, presentadora de televisión ![]() |
Empregador | La Sexta (2006–) Radio Nacional de España Canal 4 Navarra (en) ![]() Telecinco Televisión Española Cadena SER ![]() |
Sitio web | helenaresano.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Helena Resano Lizaldre, máis coñecida como Helena Resano, nada o 9 de febreiro de 1974 en Pamplona, é unha xornalista e presentadora navarra.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Iniciou a súa carreira como bolseira na emisora local de Cadena SER. Tras traballar en Pamplona Televisión, Radio Nacional de España e Telecinco, en 1999 incorporouse a Televisión Española no Canal 24 Horas.
Substituíu a Letizia Ortiz no Telediario Segunda Edición, presentándoo xunto a Alfredo Urdaci. Entre 2003 e 2006 presentou o Telediario de fin de semana xunto a David Cantero.
En marzo de 2006 ficha por laSexta, onde conduciu o espazo La actualidad en 2D e o programa de entrevistas e actualidade Sexto Sentido xunto a Mamen Mendizábal e Cristina Villanueva
En 2014 presentaba laSexta Noticias das 14:00.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Helena en todotele.com". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 13 de setembro de 2013.