Saltar ao contido

Mamen Mendizábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMamen Mendizábal
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión, locutora de radio, xornalista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1748616 Facebook: mamen.mendizabal.9 Twitter: mmendizabal1 Instagram: mamenmendi Editar o valor en Wikidata

María del Carmen Mendizábal García, máis coñecida como Mamen Mendizábal, nada en Madrid o 15 de xaneiro de 1976, é unha xornalista e presentadora española de televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, os seus inicios profesionais foron na Cadena SER como redactora de Hoy por hoy ó lado de Iñaki Gabilondo. Tamén presentaba o programa Punto de fuga as fins de semana. Nesa emisora chegou a cubrir a baixa por maternidade de Gemma Nierga á fronte de La Ventana desde setembro de 2005 ata xaneiro de 2006. Xa antes a substituíra durante os meses de xullo e agosto do mesmo ano.

En outubro de 2004 foi contratada por Televisión Española para presentar o espazo de debate 59 segundos, á fronte do cal se mantería ata principios de 2006, cando foi fichada pola nova canle de televisión La Sexta.

Neste canal encargouselle a presentación de La Sexta/Noticias na súa segunda edición, así como o programa Sexto sentido (2006) xunto a Helena Resano e Cristina Villanueva.

Foi nomeada ós Premios ATV de 2005, como Mellor Comunicadora de Programas Informativos polo programa 59 segundos e ó TP de Ouro de 2006, como Mellor Presentadora de Informativos por La Sexta Noticias.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mantén unha relación sentimental co periodista deportivo José Antonio Ponseti, a cal se consolidou en 2013 ó irse a vivir xuntos.[1]

  1. "Mamen Mendizábal consolida su relación con José Antonio Ponseti, la voz de 'Carrusel Deportivo'". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013.